El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

A Dirección Federal do PSOE aproba o calendario de primarias autonómicas e municipais do PSdeG

11-10-2018 20:48:34
O secretario xeral, Gonzalo Caballero.

A Comisión Executiva Federal do PSOE aprobou o calendario de primarias para elixir, o vindeiro 18 de novembro, o candidato nos municipios de máis de 20.000 habitantes e o candidato á Presidencia da Xunta de Galicia.   

En concreto, no que atinxe ás primarias municipais, o prazo para concorrer abranguerá do 22 ao 25 de outubro, data a partir da cal se abrirá o período para a recollida e presentación de avais. Unha vez verificada a documentación presentada, a campaña interna desenvolverase entre os días 9 e 17 de novembro.   

En caso de que algún dos aspirantes acade máis da metade dos votos non se requirirá segunda volta, e a proclamación definitiva dos gañadores será o día 22; mentres que, no caso contrario, a segunda volta terá lugar o 25 de novembro e a proclamación definitiva do gañador será o día 29.   

No relativo ás primarias autonómicas, a presentación de precandidaturas remata o día 16 de outubro, cando comeza o prazo de recollida e presentación de avais. A partires de aí, a campaña durará entre o 4 e o 17 de novembro; e as datas de votación e proclamación definitiva coinciden co estipulado para as primarias locais.   

As normas e o calendario aprobado pola Comisión Executiva Federal do PSOE veñen determinadas polo Regulamento Federal de Desenvolvemento dos Estatutos Federais do PSOE, que rexe o proceso. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias