El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

EU apoia a folga dos PACs contra a precariedade que sufre o persoal sanitario

16-10-2018 17:51:53
Eva Solla, coordinadora nacional de EU.

Esquerda Unida apoia a folga do persoal sanitario que traballa nos Puntos de Atención Continuada (PACs) en Galicia, motivada polas as condicións de precariedade nas que os profesionais se ven obrigados a desenvolver o seu traballo. A isto súmase o falecemento dunha persoa nun PAC do SERGAS o pasado verán —sen que fose atendida por mor das carencias de persoal sanitario—, un suceso que nunca se debería ter producido. Foi no concello de A Estrada, pero podería ter acontecido en calquera outro punto da nosa xeografía. 

Tal e como explica a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “o persoal dos PAC leva moito tempo denunciando as condicións de precariedade nas que se ven obrigadas a desenvolver o seu traballo. As carencias de persoal estruturais das urxencias de atención primaria fai que moitos centros permanezan cun só equipo de traballo (profesional medicina/profesional enfermaría) que ten que encargarse de atender consultas, domicilios e saídas nas ambulancias do 061”. É precisamente esa realidade do día a día o que fai que, en ocasións, os centros estean desprovistos de profesionais. 

Doutra banda, “a Xunta debe aos traballadores parte do seus salarios dende 2010 e obriga ao persoal público a recuperar as horas derivadas, por exemplo, de incapacidades temporais por enfermidade ou por permisos ante o falecemento dun familiar; unha situación que viola todos os dereitos laborais”, concreta a tamén deputada de En Marea. 

“A todo isto súmase a ausencia de materiais axeitados para facer o traballo e un maltrato continuo por parte da administración que finalmente só redunda en empeorar a calidade do servizo. Un servizo sumamente delicado e no que practicar recortes pode ter, como xa vimos, consecuencias fatais”, asegura Eva Solla. 

Por todo isto, dende Esquerda Unida apoiamos a folga do persoal dos PACs contra a precariedade que sufre o persoal sanitario e esiximos á Xunta que se sente a negociar as melloras reclamadas dende fai meses polas profesionais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias