El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

ALCOA

A Deputación da Coruña reclama a continuidade da actividade industrial en Alcoa

26-10-2018 20:17:16
Pleno da Deputación da Coruña.

A Coruña. O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe unha moción apoiada unánimente por todos os grupo políticos reclamando a continuidade da actividade industrial en Alcoa e o mantemento dos postos de traballo. 

Diante do anuncio realizado por parte do Grupo Alcoa Inespal, de maneira unilateral e sen causa xustificada, de pechar as súas plantas da Coruña e Avilés, o pleno da Deputación aprobou hoxe un texto consensuado por todas as forzas políticas representandas na cámara provincial (PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta, Alternativa dos Veciños e Partido Popular) no que se amosa o “apoio unánime” da corporación aos  traballadores e traballadoras de Alcoa e o rexeitamento ao peche da factoría. 


A Deputación insta a Concello da Coruña, Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a “conformar unha fronte institucional común” en defensa do emprego e da actividade industrial de Alcoa e, en consecuencia, da retirada do ERE presentado pola empresa. 

O titular da Deputación, Valentín González Formoso, cedeu o seu asento da presidencia ao presidente do comité de empresa, Juan Carlos López Corbacho, que defendeu os dereitos do cadro de persoal de Alcoa e esixiu que a planta se manteña aberta. 

Na súa intervención asegurou que ían loitar até o final pola continuidade da actividade industrial da compañía e anunciou a folla de ruta que manterán nas súas reclamacións: que se retire o ERE e  iniciar un proceso de venda transparente e coherente. “Un periodo que estimamos de dezaoito meses para vender as plantas e no que ten que haber vontade  da administración estatal, dos ministerios implicados, da Xunta de Galicia e o goberno de Asturias e dos comités de empresa, dos traballadores que somos os que mellor coñecemos a situación das plantas”, afirmou. 

López Corbacho agradeceu o apoio da corporación provincial e subliñou “o carácter estratéxico” do sector do aluminio “que cada vez se aplica en máis campos” como a automoción, o naval ou sector aeronaútico. Asemade, defendeu a competitividade da planta coruñesa “cunha calidade envexada por outros centros de España e Europa e múltiples recoñecementos internacionais”. 

“Traballamos por unha solución e imos loitar até o final”, afirmou o presidente do comité de empresa, “que veña alguen con ilusión e levantaremos isto. Busquemos unha saída sensata e coherente. Loitaremos e gañaremos”, concluíu. 

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, trasladou o apoio unánime da corporación ás reivindicacións dos traballadores e criticou que “unha corporación como Alcoa poda tomar unha decisión unilateral como esta sen ningunha consecuencia”. 

“Necesítase unha resposta seria e contundente por parte da Unión Europea”, afirmou o presidente da Deputación, que advertiu que “Alcoa é un caso pero poden vir moitos máis porque estamos ante a confrontación de dous modelos: o asiático e o europeo”. 

Formoso lembrou que o prezo da factura eléctrica incrementouse nun 80% en dez anos e avogou por impulsar “un modelo industrial sostible para Europa” porque “o sector industrial deste país non pode vivir co corazón nun puño, ano tras ano pendente de se se gaña ou non unha subasta de megavatios”, apuntou. 


BNG

O voceiro do BNG, Xosé Regueira destacou a coincidencia do discurso da organización coa intervención do presidente do Comité de Empresa de Alcoa que "veu dicir que Galiza tiña que ser Noruega e, se non, cando menos Euskadi, que conta cunha tarifa eléctrica propia para beneficiar o tecido empresarial e axudar a manter o emprego. Non podemos esquecer que somos exportadores de enerxía así que, cando menos, temos que ter dereito a producir no ámbito industrial".  


Marea Atlántica

Por parte de Marea Atlántica, Daniel Díaz Grandío mostrou o apoio e solidariedade cos traballadores e reclamou "unidade das institucións e os axentes sociais xa que só así se pode garantir unha solución ao peche de Alcoa".  Tamén o voceiro de Compostela Aberta expresou o apoio á moción e o ánimo a todo o cadro de persoal da empresa, ao igual que Ángel García Seoane, de Alternativa dos Veciños que mostrou a súa solidariedade e o apoio de Oleiros en "calquera batalla ou guerra".  


PP

Pola súa parte, a deputada do PP, Rosa Gallego, afirmou que "Alcoa é viable" e mostrou o seu apoio ás familias dos traballadores. "Desde María Pita imos vencer aos americanos e Alcoa non se vai pechar", dixo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias