El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero: "A pesca ten que seguir sendo un polo de impulso económico"

27-10-2018 13:14:27
Caballero (c) inaugurou unhas xornadas sobre pesca.

Redondela. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, inaugurou hoxe unhas xornadas sobre pesca organizadas polo PSdeG-PSOE de Pontevedra, para destacar a importancia deste sector en Galicia, un país que se ten feito “a carón do mar”. “Os socialistas sabemos da importancia da pesca en Galicia no eido económico e social”, subliñou.   

Nese senso, despois de poñer en valor que a flota galega é “punteira a nivel internacional”, Gonzalo Caballero falou de como teñen cambiado “as regras de xogo” na pesca buscando a compatibilidade do mantemento dos recursos pesqueiros co desenvolvemento económico.   

“En Galicia sabemos que o noso sector é o máis interesado en que os recursos pesqueiros perduren, posto que diso depende non só a sostibilidade do medio senón tamén o seu xeito de vida”, apuntou o líder dos socialistas galegos, quen ratificou que o sector pesqueiro é “o que ten máis información sobre os recursos pesqueiros”.   

É por iso que o secretario xeral do PSdeG avogou por “buscar dende as institucións mecanismos de coxestión” que permitan “involucrar ao sector na gobernanza”, a fin de que a pesca sexa “un polo de impulso económico” á vez que se manteña “o respecto á biodiversidade” para “dar futuro”.   

“O noso sector está concienciado”, recalcou Gonzalo Caballero, quen asegurou tamén que os socialistas temos “o máximo compromiso” coa necesidade de deseñar “o futuro dos recursos pesqueiros” en colaboración cos implicados. Así é que considerou “un acerto” a organización deste tipo de xornadas.   


"Un proxecto de país"

“Temos que traballar a pé de país, nos temas concretos, para deseñar un gran proxecto de país para unha Galicia que necesita unha posibilidade de futuro que a dereita non dá pola súa falla de planificación estratéxica”, concluíu o máximo dirixente do PSdeG.   Nesa liña, Gonzalo Caballero incidiu na “responsabilidade” dos socialistas á hora de “construír unha Galicia de futuro” no canto de “resignarnos a ser unha parte de España que perde impulso”.   

“Temos que deseñar un proxecto dinamizador que dea resposta, nas ideas e políticas públicas, ás necesidades do país”, finalizou o líder socialista, partidario de poñer en marcha “un modelo inclusivo que atenda as necesidades sociais e non deixe a ninguén na cuneta”, de igual xeito que está facendo o goberno presidido por Pedro Sánchez.   


A pesca, "unha prioridade"

Así mesmo, o secretario provincial do PSOE de Pontevedra, David Regades, situou o sector pesqueiro como “unha prioridade” para os socialistas e destacou a importancia de que as políticas específicas “xurdan” do propio sector.   

De aí, explicou, a organización destas xornadas, na que non só participan distintos responsables do partido, senón tamén destacados dirixentes do sector, como o director xerente da Asociación de Armadores de Buques de Pesca de Marín, Juan Carlos Martín Fragueiro; a patrona maior da confraría maior de Vilanova de Arousa, María Vales; e o representante da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, Andrés García Butureira.   

Pola súa banda, o secretario provincial de Pesca do PSOE de Pontevedra, Leonardo Cabaleiro, que tamén interveu na apertura das xornadas, puxo en valor a importancia da pesca e o compromiso do partido cos sectores primarios.   

Nas xornadas tamén interviñeron o eurodeputado José Blanco, as deputadas autonómicas Loli Toja e Patricia Vilán, a exministra Elena Espinosa e o ex secretario xeral de Pesca José Loira. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias