El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA | SERGAS

Máis de 2500 persoas están convocadas ás oposicións do Sergas

09-11-2018 15:55:00

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos convocados por Resolución do 1 de marzo de 2018 para o ingreso nas categorías de médico de familia, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, enxeñeiro técnico e técnico superior en documentación sanitaria.

En total resultaron admitidos 2.557 aspirantes, dos cales 1.010 corresponden á categoría de médico de familia, 277 á de grupo técnico da función administrativa, 774 á de grupo de xestión da función administrativa, 227 a enxeñeiro/a técnico e 269 optarán ás prazas de técnico superior en documentación sanitaria.

Ofértanse neste proceso un total de 286 prazas, das cales 241 pertencen á categoría de médico de familia, 18 ao grupo de xestión da función administrativa, 11 a técnico superior en documentación sanitaria, 9 a grupo técnico da función administrativa e 7 corresponden a enxeñeiro técnico. As probas selectivas celebraranse no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra) durante a fin de semana do 24 e 25 de novembro.


Maior seguridade no proceso

Iniciaranse as xornadas de exame cos aspirantes da categoría de grupo de xestión da función administrativa, convocados para o sábado 24 de novembro, ás 9,30 horas e continuarán o domingo 25 de novembro cos aspirantes das categorías de médico de familia e enxeñeiro/técnico, convocados ás 9,30 horas e grupo técnico da función administrativa e técnico superior en documentación sanitaria, que se examinarán nesta mesma data, a partir das 16 horas.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas.

Este proceso selectivo incorpora importantes novidades tendentes a dotar dunha maior seguridade ao proceso nas súas diversas fases, entre as que cómpre destacar a posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición, garantindo deste xeito o seguimento de todo o proceso, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas do exame.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias