El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

DO 17 AO 25 DE NOVEMBRO

Sogama, na Semana Europea da Prevención de Residuos 2018

09-11-2018 21:12:07
Domínguez Lino, presidente de Sogama.

“Reducir para sumar”. Así reza o lema da campaña que Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, despregará con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos 2018 -do 17 ao 25 de novembro- e na que xa formalizou a súa inscrición.  Con tal fin, a Sociedade deseñou un paquete de medidas no que, desde unha perspectiva social, integrou a diferentes sectores. 

Unha delas é a edición, en formato dixital, dun libro que, baixo o título “Saboroso reciclaxe”, aglutina máis de 60 receitas de cociña con sobras de comidas aportadas polo centro penitenciario de Monterroso (Lugo). A publicación, enmarcada no seu proxecto “Don´t Waste Food” (A comida non se tira), faise eco de exquisitos pratos, para todos os gustos e paladares, protagonizados por restos de alimentos. Aperitivos, entrantes, peixes, carnes e sobremesas integran un libro multicultural que pon a guinda a un intenso traballo que a Escola de Adultos desta institución, dirixida por Pedro Cantero, leva a cabo fai máis dun ano para reducir o desperdicio alimentario e, polo tanto, a cantidade de comida que cada día acaba arroxada ao cubo do lixo. A iniciativa tamén é aproveitada para recuperar o valor dos alimentos e enxalzar a importancia que, para a saúde, ten unha dieta equilibrada e variada.

O libro complétase coa edición dun manual, en soporte dixital, de boas prácticas para diminuír a produción de refugalloss en orixe dirixida á poboación en xeral. No mesmo proporciónanse as claves para consumir de forma responsable, minimizar o desperdicio alimentario, descartar os produtos de usar e tirar, dar unha segunda vida á roupa, segregar correctamente os residuos en orixe e depositalos nos contedores correspondentes para propiciar o seu reciclado. Tamén se presta atención a aqueles residuos que ensucian en gran medida as nosas cidades e contornas naturais, como son as cabichas e chicles, e que son difíciles e caros de limpar e eliminar, incidindo na necesidade de alongar a vida útil dos dispositivos eléctricos e electrónicos, tendo en conta que o lixo electrónico está crecendo tres veces máis rápido que o resto dos residuos. 

A entidade recorda que o mellor residuo é o que non se produce e alude ao criterio multierre, característico da economía circular, como a mellor folla de ruta para xestionar de forma sostible os refugallos producidos: redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar e recuperar enerxeticamente a fracción non reciclable. 


Charlas formativas e material didáctico de apoio

Adicionalmente, educadores ambientais ao servizo de Sogama impartirán charlas informativas e formativas en concellos próximos ao seu complexo medioambiental, isto é, Arteixo, Cerceda, Carballo, Laracha e Ordes a fin de recordar a importancia da prevención e a activa participación dos cidadáns no sistema de recollida selectiva. Nuns casos, o público obxectivo estará conformado por escolares e, noutros, por veciños en xeral, dándolles a oportunidade de que poidan reforzar os seus coñecementos na materia e consulten todas as súas dúbidas. 

Ademais, os centros educativos de infantil e primaria destes municipios serán obsequiados con tiradas de libros protagonizados por Os Bolechas, personaxes de ficción moi coñecidos na literatura infantil galega, que ensinarán aos máis pequenos os xestos a adoptar para xestionar de forma correcta os seus residuos. “Como producir menos lixo”, “Que se fai co lixo que chega a Sogama” e “Que se bota non contedor amarelo” son os tres títulos das publicacións que pasarán a formar parte do fondo bibliográfico das bibliotecas escolares. O conto “Mr. Iglú fai amigos”, editado conxuntamente por Ecovidrio e Sogama para formar a nenos e nenas na reciclaxe do vidro, complementará os títulos anteriores. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias