A Coruña. “O lago das Pontes foi e é un reto constante, tanto social como económico”, sinalou Valentín González Formoso, presidente da Deputación de A Coruña e alcalde desta localidade, durante a súa intervención no congreso Ibernáutica, que ten lugar en Cerceda e que este ano centra a súa temática na recuperación de espazos mineiro-indisutrais para usos sustentables.
O presidente da Deputación fixo un repaso desde o punto de vista técnico, administrativo e social da evolución da creación dun dos maiores lagos artificiais de Europa. Neste sentido, dixo que foi igualmente un reto para as distintas administracións, a empresa (Endesa) e a sociedade, “pero quero decir que houbo un total acordo desde o principio”, apuntou.
O lago das Pontes ten unha superficie de 10 quilómetros cadrados (onde cabe enteira, por exemplo, toda a cidade da Coruña) e converteuse nun espazo de lecer, ocio e deporte, que acolle numerosas competicións de deportes naúticos aolongo do ano e representa un importante reclamo turístico do municipio, que rexistra arredor de 15.000 visitantes cada ano. Departamento de comunicación