El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Economí­a

GALICIA

Galicia pechou o terceiro trimestre cun superávit do 0,54%

27-11-2018 17:58:52

Galicia pechou o terceiro trimestre do ano cun superávit orzamentario do 0,54% do PIB, tal como vén de avanzar o Ministerio de Facenda, e mantén o seu firme compromiso de cumprir un ano máis os obxectivos de estabilidade orzamentaria fixados no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Galicia é unha das doce comunidades autónomas que remataron o terceiro trimestre con superávit nas súas contas. Os datos que vén de publicar a Intervención Xeral do Estado indican que o conxunto das autonomías rexistrou tamén un superávit do 0,17%, e, pola contra, cinco comunidades rexistraron déficit orzamentario.

Neste exercicio 2018, o límite máximo de déficit autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira para todas as comunidades autónomas é do 0,4%. Galicia segue tendo como obxectivo continuar sendo a comunidade de referencia no cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria, achegando solvencia e estabilidade ao conxunto de España.

Este control das contas públicas que leva realizando Galicia durante toda a década combínase coa axilidade da Administración galega no pagamento das súas facturas. De feito, Galicia é a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, cun período medio de pago 24 días inferior á media autonómica, segundo reflicten os últimos datos publicados tamén polo Ministerio de Facenda. Ver gráfico





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias