Sociedad
Califica de "premeditado" o ataque no que morreu José Couso
20-04-2007
O fotoxornalista Gervasio Sánchez falou en Santiago sobre os conflitos armados nunha conferencia dentro do ciclo "Os latexos do mundo", organizado polo Club Internacional de Prensa en colaboración con Le Monde Diplomatique. Sánchez referiuse á "crisis del periodismo" como unha realidade que "no se quiere aceptar" e que resulta da concentración dos medios de comunicación nunhas poucas mans, "comprados e instrumentalizados por empresas multinacionales vinculadas a la industria armamentística".
Á hora de abordar o traballo como informante das guerras, Gervasio Sánchez avogou por "imponerse contra la objetividad y ser rigurosos", xa que "sólo se puede transmitir el dolor si lo sufres", e amosouse en contra do "circo de cifras" que abunda na información internacional.
O xornalista, que sempre negou que as guerras fosen necesarias, defendeu un xornalismo "que trate con dignidad a las víctimas" y que "sea beligerante con el poder". "El periodismo de hoy es un periodismo de promoción", dixo o fotoxornalista especializado en conflitos armados, quen denunciou a presenza de armas españolas en países en guerra. "Siento vergüenza de mi país cuando veo esto. El periodismo debería denunciar esto, y hoy en día no está cumpliendo su función social", engadiu.
En canto á política internacional, Sánchez botou en falta o "compromiso dos políticos" fronte a un exceso de "política de diseño". "Los gobernantes viven lejos de la realidad, rodeados de personajes que les doran la píldora; es importante que esto cambie y muestren un compromiso".
Recén chegado de Iraq, Gervasio Sánchez percibiu "problemas" do Goberno español para manter "el nivel de misiones en las que está involucrado". O periodista referiuse tamén á morte do reporteiro gráfico José Couso na guerra de Iraq hai xa catro anos como "un ataque premeditado, un abuso de la fuerza y un crimen de guerra por parte de Estados Unidos" e agradeceu á familia do falecido a batalla que leva defendendo ao longo dos últimos catro anos.
Gervasio Sánchez cubriu boa parte dos conflitos producidos en América Latina, a Guerra do Golfo e as guerras na antiga Iugoslavia, África e Asia. Actualmente colabora como xornalista independente para medios tan dispares como a Ser, o servizo español da BBC, La Vanguardia ou a revista Tempo.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias