El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

GALICIA | FP

A excelencia do alumnado de FP, premiada nas Galicia Skills 2018

30-11-2018 19:03:01

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe a entrega das medallas do certame Galicia Skills 2018, que se celebra desde o pasado mércores na Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), organizadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Un total de 137 alumnos participantes, acompañados dos seus titores, de 52 centros públicos mediron nestes días as súas destrezas en 26 modalidades ou skills formativas, demostrando a excelencia das ensinanzas que reciben.

Durante a súa intervención Carmen Pomar sinalou a FP como unha “modalidade de formación de futuro, innovadora e adaptable aos cambios”. “Como resultado, hoxe a FP galega é un referente en todo o Estado e segue a liña dos principais países europeos neste ámbito como Alemaña, Suíza ou Austria”, dixo, “unha ensinanza moderna, dinámica, fonte de emprendemento e porta aberta ao emprego, ao axustarse ás particularidades sociais e económicas de Galicia”.

A conselleira quixo tamén gabar a capacidade e valía do alumnado para desempeñar o traballo para o que se preparan. “Sodes un orgullo para todos nós, polo compromiso, o esforzo e a destreza demostradas”, destacou. Así mesmo, agradeceu a implicación de familias, profesorado e centros, polo apoio imprescindible que prestan. A titular de Educación resaltou tamén a colaboración das empresas, tanto neste campionato como cos centros, “que pon en valor a calidade e o atractivo das ensinanzas de formación profesional, motivando o alumnado e recoñecendo e estimulando o labor do profesorado”.


Competición e servizos

Ademais das competicións nas skills, en Galicia Skills puideron verse tamén obradoiros de imaxe persoal, drons, artes gráficas e hospital de robots, así como demostracións de realidade virtual, con simuladores e 3D, e de cociña innovadora. Cómpre salientar que a maiores da súa participación no certame, foron 15 centros galegos os que se ocuparon dos servizos do evento: reprografía, atención a visitas, apoio administrativo...

De feito, o IES Fraga do Eume (Pontedeume) foi o encargado de servir hoxe o cóctel da gala de clausura, que foi amenizada coas actuacións do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, do Conservatorio Superior de Música da Coruña e dos DJs do IES Xelmirez I (Santiago) . O deseño e realización das medallas correu a cargo do IES Politécnico de Vigo e a o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda) ocupouse da organización do acto de peche, que foi retransmitido en streaming polo alumnado do CIFP Imaxe e Son (A Coruña).


Galardoados

Dos galardoados hoxe, os premiados con medalla de ouro competirán representando a Galicia en Spain Skills 2019. A relación de premiados –tanto medalla de ouro como de prata– pode consultarse na seguinte táboa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias