O presidente dos
populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a estabilidade de Galicia
fronte aos que gobernan baixo ás ordes de Podemos, nacionalistas e
independentistas. É por iso polo que, para o líder do PPdeG, non hai goberno
que goberne en España, xa que se atopa sometido a quen lle apoiou na moción de
censura -e non aos intereses xerais dos españois-, “ao ditado de Podemos e en
débeda permanente con nacionalistas e independentistas.
Do mesmo xeito, Feijóo indicou que
tampouco hai goberno naquelas comunidades nas que o socialismo se apoia neses
mesmos socios e naqueles concellos onde o nacionalismo e o populismo son
directa ou indirectamente quen pon ou quita alcaldes. Un feito que, tal e como
dixo, o que provoca é parálise, división, confusión de prioridades e
sectarismo.
Durante a súa intervención, destacou
que “en Galicia si hai un goberno que goberna”, porque o Partido Popular pode
desenvolver un proxecto, cada semana aproba iniciativas no Consello da Xunta e
contribúe ao progreso da comunidade, cambiando os indicadores negativos por
positivos, crecendo en infraestruturas, oportunidades e servizos e ofertando
máis prestacións aos galegos. “E exercemos o noso deber cos veciños e non con
ningún socio que só busca o seu propio interese partidista”, indicou o líder do
PPdeG, quen apuntou que aos concellos da nosa comunidade e aos seus veciños
venlle mellor un goberno como o de Galicia que un desgoberno como o de España.
Defensa da Constitución
Nos días previos ao 40 aniversario da
Carta Magna, o líder dos populares galegos reiterou que “o Partido Popular está
na defensa da Constitución, de principio a fin”. “É –engadiu- a defensa da
unidade da nación, a igualdade de todos os españois e o Estado das Autonomías”.
Para Feijóo é o Partido Popular quen
pon en valor o que nos une e non agranda as diferenzas e quen ten ademais unha
idea global de España, pero tamén unha idea propia de Galicia. “Os galegos
nunca eliximos entre Galicia e España. Non llo permitimos nunca aos que querían
renunciar a España e non o imos facer tampouco a quen pretende que renunciemos
a Galicia”, dixo.
A importancia do PPdeG
O líder dos populares galegos
aproveitou tamén para reivindicar o valor e a importancia do Partido Popular,
por ser clave na transformación de Galicia, por saber conectar coa maioría dos
galegos e por contribuír sempre ao progreso alí onde gobernou.
De cara as vindeiras eleccións
municipais,Feijóo apelou á unidade e á ilusión para seguir traballando co
listón máis alto, exercendo esta vocación de servizo con humildade, con
coherencia, cos pés na terra, a carón dos veciños e sempre indo a favor: “A
favor do concello, do progreso ou do benestare non na contra dos outros como
principal obxectivo”.
Esteban González
O líder dos populares galegos, que participou na
presentación do candidato á Alcaldía de Tomiño, salientou que “ante os que
gobernan só para unha minoría; ante os que se preocupan máis por pedir
referendos de independencia, que non queren nin os galegos nin os tomiñeses; e
ante os que hai tempo que xa non escoitan a quen precisamente deben servir e
representar, eu digo Esteban González”.
Neste senso, salientou que o candidato combina xuventude
e experiencia e que coñece ben as inquedanzas, reclamacións e necesidades do
concello.
Paula Brouzós
Tras o acto en Tomiño, o presidente dos populares galegos asistiu á presentación de Paula
Brouzós, candidata á Alcaldía de Gondomar. Avogou porque, logo de case catro
anos de tensión e crispación, é o momento de que o concello recupere a ilusión.
“Ante as pelexas dos outros partidos, nós unidade e compromiso; ante a xordeira
e a cegueira dos que gobernan, nós escoitar porque os veciños de Gondomar están
fartos de que as súas reivindicacións caian en saco roto”, indicou. Departamento de comunicación