O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado,
asegurou hoxe que “as Mareas de Podemos, que predican democracia interna e
transparencia, aplican no seu partido as peores prácticas dos réximes que
defenden”. “É agora cando comezamos a saber por que se fixeron chamar
rupturistas e imaxinamos que é porque viven cada día ao borde da ruptura
interna”, engadiu.
Como sinalou,
levamos semanas observando o espectáculo que están dando nas súas primarias
internas, “un novo capítulo das continuas conspiracións que levamos vendo neste
partido desde a súa formación” e, unha vez máis, confírmase que as Mareas de
Podemos nunca se preocuparon polos problemas de Galicia, senón que só dos seus
propios.
Tellado
apuntou que, desde a súa fundación, non fixeron nin unha proposta sólida
pensando nos intereses dos galegos xa que os debates que trasladaron á
sociedade forono chofer e a secretaria de Villares, os soldos dos deputados e
os asesores aos que teñen dereito, os deputados que pagan cotas ao partido e os
que non, se unha deputada que intenta intimidar a un policía durante uns actos
vandálicos debe dimitir ou non, ou se no partido debe mandar Villares ou
Martiño Noriega cun testaferro durante uns meses.
Por todo
isto, expresou que a nosa Comunidade merece algo mellor como formación que
lidere a oposición ao tempo que preguntaba “se os galegos poden fiarse dun
partido no que os seus membros se acusan uns a outros de manipular votacións,
de ser totalitarios ou de dar golpes de estado internos”.
Un novo agravio dos socialistas con Galicia
Por outra
banda, o secretario xeral lamentou que, esta semana, a ministra de Defensa volvese
utilizar ao secretario xeral dos socialistas galegos como recadeiro dos agravios
que cometen con Galicia, para que Gonzalo Caballero xustificase un novo retraso
na orde de execución das Fragatas F-110.
Tras lembrar
que os gobernos do PP fixeron o máis difícil, que foi impulsar o proxecto nas
fases de deseño e durante a peor crise económica dos últimos 40 anos, así como
aprobar os orzamentos de 2018 e incluír unha partida de 252 millóns para as
fragatas; pediu ao Goberno de Sánchez o máis sinxelo: “que non pare un proxecto
que é fundamental para unha comarca farta de aturar o castigo inxustificado de
gobernos socialistas desde a década dos 80”.
“Estamos moi
acostumados a que os socialistas gobernen como se as institucións fosen súas, a
que utilicen contas oficiais para mandar mensaxes de partido, a que usen o CIS
para facer propaganda, a que o delegado do Goberno use o seu posto para facer
oposición á Xunta, e a que os ministros usen os seus despachos para facer
reunións de partido para tratar temas que se deberían tratar con conselleiros
ou co presidente da Xunta”, dixo manifestando que os populares renuncian “a que
os socialistas utilicen as institucións como é debido” pero que lles gustaría
que polo menos oPSdeG intentase defender algunha vez os intereses de Galicia.
A defensa da Constitución
Por último e
con motivo da conmemoración da Constitución, Tellado quixo recordar o papel de
Galicia como artífice da Carta Magna, salientando que “fomos parte fundamental
dun momento histórico que nos trouxo a democracia e as décadas de maior
prosperidade da nosa historia”.Ademais, recoñeceu queo sentimento maioritario
na nosa Comunidade é “non renunciar a ser españois para ser galegos nin a ser
galegos para ser españois” porque “entendemos que as nosas identidades suman e
conviven dun xeito natural, pero nunca confrontan”.
Como mostra,
aseverou que,mentres a inmensa maioría de galegos celebrou onte a Carta Magna -como
o fai o resto de días-, unha minoría participaba nun acto en contraque celebrouo
BNG, polo que expresou que “fronte aos que defendemos a Constitución están os
que nos van obrigar a ver en Galicia papeletas cos nomes de Junqueras ou dos
membros da antiga Batasuna”. Departamento de comunicación