El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Antonio Leira asume a área de Deportes e Mocidade da Deputación

21-01-2019 16:29:11
Antonio Leira Piñeiro.

O deputado provincial do Grupo Socialista Antonio Leira Piñeiro asume dende hoxe a xestión das áreas de Deportes e Mocidade da Deputación da Coruña tras a renuncia ao escano provincial do deputado José García Liñares. 

Leira Piñeiro acumula temporalmente esta delegación ás de Economía e Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior que viña desenvolvendo ata o momento no Goberno provincial. 

Antonio Leira gabou a “experiencia” e o “excelente traballo” realizado ata o momento por García Liñares á fronte da área de Deportes da institución provincial e propúxose como reto de futuro “seguir facendo que a Deputación estea presente na promoción do deporte en todos os seus ámbitos: dende as categorías de base aos  grandes eventos deportivos”. 

O novo responsable provincial de Deportes destacou o “importante papel que xoga a Deputación” na promoción do deporte creando bolsas para apoiar aos novos talentos do deportes coruñés, apoiando o funcionamento de centos de clubes nos que se forman as novas xeración de deportistas de todas as disciplinas, financiando infraestruturas, equipamentos e actividades deportivas nos concellos, subvencionando a contratación de técnicos deportivos que dinamizan a práctica do deporte nos municipios ou impulsando a celebración de grandes eventos deportivos coma a Copa do Rey de Baloncesto ou a Volta Ciclista a España na provincia. 

O deputado está a traballar xa na Campaña de Esquí, que dará comezo este venres 25 e que levará a 500 nenos e nenas da provincia a iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí na estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias