El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

María Xesús Lama, en "Os Luns do Ateneo"

26-01-2019 10:22:09
Os Luns do Ateneo.

O pasado 8 de novembro, o xurado designado polo Ministerio de Cultura do Goberno de España decidiu conceder o Premio Nacional de Ensaio á Doutora María Xesús Lama (Lugo, 1964), Profesora de Literatura Galega na Universidade de Barcelona, polo seu libro Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), publicado pola Editorial Galaxia

O traballo premiado aborda a biografía de Rosalía dende o seu nacemento ata a publicación de Cantares gallegos (1863); na actualidade, a profesora Lama prepara a segunda parte desa biografía, que se ocupará da etapa en que a autora de Follas novas acada a súa consagración como figura fundamental das nosas letras, ata o seu falecemento en 1885. 

O vindeiro luns 28, a Profesora Lama intervirá en “Os Luns do Ateneo”, na sala de Afundación (Rúa do Vilar, 19), ás 20.00 horas, cunha conferencia titulada “Rosalía de Castro: en busca da biografía perdida”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias