El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Bernard Cassen falará en Santiago sobre a defensa de Europa ante a globalización

25-04-2007

O director xeral de Le Monde Diplomatique, Bernard Cassen, impartirá este xoves en Santiago a conferencia "Protéxenos Europa dos perigos da globalización?", dentro do ciclo "Os latexos do mundo", organizado polo Club Internacional de Prensa e o periódico francés. A Aula Sociocultural da Fundación Caixa Galicia da capital galega acollerá ás 20 horas o discurso de Cassen, quen cuestionará as políticas da Unión Europea relativas á protección contra as ameazas da globalización. O fundador da Asociación por unha Taxa sobre as Transacións especulativas para Axuda aos Cidadáns (1998-2002) critica o impulso dos dogmas da competencia e o librecambio dende a Unión Europea, que se inscribe así no modelo neoliberal mundial. A xuízo do profesor emérito do Instituto de Estudos Europeos da Universidade de París VIII, a Unión Europea favorece o dumping social, fiscal e ecolóxico "no seu propio beneficio", así como nas relacións con terceiros países. Este modelo repercute no crecemento das desigualdades, no desmatelamento dos servizos públicos, na destrución do medio ambiente e na ditadura dos accionistas en detrimento dos asalariados. Impulsor do Foro Social Mundial, Cassen sostén que o proxecto europeo "debe ser radicalmente repensado" e primar os valores da solidariedade e cooperación para recuperar a confianza dos cidadáns.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias