Hoxe
tivo lugar a constitución da nova xunta directiva da Federación Galega
de Balonmán, presidida por Bruno López Molina, que destaca por ser un
grupo moi plural, no que está representada toda Galicia e cunha
importante presenza de mulleres.
O presidente Bruno López asegurou
que "é unha xente que chega con moita ilusión e con gañas de traballar
polo balonmán. Ademais é un grupo que abarca a toda Galicia e que coñece
o balonmán dende abaixo". O máximo mandatario destaca as ganas de
traballar de todas e todos os integrantes da directiva, por facer cada
día máis grande o balonmán galego.
Nesta
nova directiva hai unha importante presenza de mulleres e por vez
primeira haberá unha vicepresidenta. Ela é Alicia Montes, que durante
moitos anos traballou no Teucro. Alicia explicou que afronta o cargo
"con moita ilusión e responsabilidade polo reto que supón poñer ao
balonmán no sitio que se merece no deporte galego". Ser a primeira
muller que ocupe unha vicepresidencia é un orgullo máis para Montes, que
destacou "que é un acerto do presidente, apostar polas mulleres, nun
deporte no que somos parte importante". A pesar de que deixou o Teucro
hai anos, segue ligada ao balonmán "nunca me separei! o balonmán é unha
paixón e forma parte de ti". Departamento de comunicación
A xunta directiva
.- Presidente: Bruno López
.- Vicepresidenta 1ª: Alicia Montes
.- Vicepresidente: Ignacio Permuy
.- Vicepresidente: Fernando Mosquera
.- Secretaría: Marisa Sueiro
.- Tesoureira: Patricia Sanmiguel
.- Vogais: Carla Abad, Fernando
Mosquera Castro, Jesús Varela, Óscar Peixoto, Óscar Pérez, Elena
Estévez, Manuel Ángel López Penela, Félix Antonio Mojón e Borja Reinaldo
Tajes.
Ademais, ao fronte do Comité de Competición estará Ismael Solla e no Comité de Apelación, Laura G. Solla.