El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Mariano Esteban, en Os Luns do Ateneo

16-02-2019 13:21:33
Mariano Esteban.

Santiago | Segundo a OMS, as vacinas constitúen o mellor procedemento de control fronte ás enfermidades, salvando millóns de vidas, a pesar da oposición dos movementos antivacinas. Os programas de vacinación no noso país están sendo implementados fronte ás enfermidades para as que xa hai vacinas, á vez que se están introducindo novos programas, pero existen enfermidades para as que non hai inmunización ao tempo que van aparecendo outras producidas por novos virus.

Disto falará no próximo Luns do Ateneo Mariano Esteban, Profesor de Investigación do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC) e Presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e do Instituto de España, na conferencia “Desenvolvemento de vacinas fronte a enfermidades emerxentes”, que se levará a cabo a partir das 20.00 horas na sede de Afundación de Santiago, sita na Rúa do Vilar, 19.

Mariano Esteban, Licenciado en Farmacia e Ciencias Biolóxicas e Doutor en Microbioloxía pola USC, é pioneiro na bioloxía do virus vacinal, ao desenvolver procedementos de inmunización combinada de vectores que incrementan a resposta inmune celular e confiren protección fronte a distintos patóxenos. O seu grupo está participando no desenvolvemento dunha vacina contra o SIDA, tendo xerado dúas vacinas contra os subtipos B e C. Actualmente iniciou o desenvolvemento de vacinas contra enfermidades emerxentes (chikungunya, ébola, zika), neurodexenerativas (Alzheimer) e cáncer de próstata, así como unha nova xeración de vectores con maior capacidade inmunoxénica e oncolítica. Departamento de comunicación






www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias