A Coruña | A Deputación da Coruña, na súa labor de promoción,
difusión e apoio ao deporte coruñés, vén de convocar as súas bolsas deportivas
para o ano 2019, destinadas a deportistas da provincia que destaquen en
competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.
A área
de Deportes da Deputación publica no BOP de hoxe as bases desta convocatoria,
que destinará este ano un total de 157.500 euros para apoiar aos deportistas coruñeses/as con 45 bolsas dotadas
con 3.500 euros cada unha.
O
presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que “ademáis de
premiar a excelencia dos deportistas coruñeses, a Deputación quere colaborar
con eles para que podan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso a unha
preparación integral axeitada e competir ao máis alto nivel”.
“As
becas de deporte da Deputación pretenden ser un estímulo e unha axuda para que
estes mozos e mozas sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés”, apuntou o
presidente da institución provincial, que destacou o incremento, tanto no
número coma na cuantía das bolsas, que levou a cabo este Goberno provincial.
A Deputación duplicou o importe das
becas neste mandato
O
importe destinado a becas para deportistas duplicouse co actual goberno,
pasando das 30 bolsas de 2.5000 euros existentes en 2015 ás 45 bolsas de 3.500
euros convocadas este ano. Ademais, ampliouse o rango de idades, permitindo que
os deportistas de entre 24 e 30 anos poidan participar na convocatoria.
Os
solicitantes deberán practicar un deporte que pertenza a unha das
disciplinas olímpicas. Ademais, os/as
candidatos/as terán que acreditar o seu historial deportivo durante o ano 2018,
no que constarán as participacións e os resultados máis importantes obtidos en
competicións autonómicas, nacionais e internacionais e o proxecto deportivo da
tempada actual.
As bolsas divídense en tres categorías, en
función da idade dos/as solicitantes: 15 bolsas para deportistas de 12 a 17
anos, 15 bolsas para deportistas de 18 a 23 anos e 15 bolsas para deportistas
de 24 a 30 anos.
A
presentación de solicitudes deberá formalizarse ata o 29 de marzo de forma
telemática a través da plataforma Subtel da Deputación. Departamento de comunicación