Ourense | “Ourense
convértese nestes días na capital nacional das ciencias exactas, coa
celebración da LV Olimpíada Matemática”. Así o expresou hoxe o
presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, na presentación
deste certame, que reúne en Ourense do 21 ao 24 de marzo aos 78
estudantes de ESO e Bacharelato de toda España que disputarán a fase
final deste concurso, que premia aos xóvenes que máis destacan en
matemáticas.
Na
presentación, xunto a José Luis Díaz Barrero, representante da Real
Sociedade Matemática Española, o presidente do goberno provincial
destacou que desde o primeiro momento en que se presentou esta
candidatura “amosámonos absolutamente dispostos a acoller na nosa
provincia este evento, que é a primeira vez que se desenvolve en Ourense
e que nos vai dar, sen dúbida, unha gran visibilidade, vinculado á
formación e na liña do que o goberno provincial vén traballando”, e
remarcou que “Ourense acollerá en setembro de 2020 o inicio de
actividade do Centro Galego de Innovación na Formación Profesional, que
será un referente neste ámbito”.
Baltar
agradeceu á Real Sociedade Matemática Española “o labor que desenvolve a
prol da formación e do fomento das matemáticas, da investigación e da
ciencia” e felicitou aos estudantes finalistas por acadar estar fase
logo das etapas previas que desenvolveu este certame, no que
participaron máis de 3.000 alumnos nas distintas fases locais. Manuel
Baltar afirma que cooperar desde a Deputación de Ourense "para promover
os valores que acredita o ensino e as súas disciplinas científicas,
humanísticas, culturais e sociais, é un labor que temos que seguir
impulsando e potenciando a prol da nosa mocidade".
Pola
súa banda, Díaz Barrero explicou o desenvolvemento da olimpíada, “que
así se define porque os retos que se propoñen aos estudantes -por medio
de seis problemas matemáticos- requiren dun adestramento previo, como
acontece nas olimpíadas de atletismo”, e engade que as Olimpíadas
Matemáticas “son un termómetro que cada ano nos permite medir o talento
que temos no noso país”.
Nesta
fase final, que se desenvolverá no centro cultural “Marcos Valcárcel” a
partir do vindeiro venres, ás 10.00 horas, compiten estudantes de todas
as rexións de España, e os premios consistirán en 36 medallas de ouro,
prata e bronce. Este
evento, organizado desde 1964 pola Real Sociedade Matemática Española
(RSME) en colaboración co Ministerio de Educación, e este ano co apoio
da Deputación de Ourense, realízase seguindo o modelo que se aplica en
todo o mundo para este concurso e xoga un papel de grande relevancia na
detección e formación de xóvenes talentos en matemáticas.
Na
Olimpíada Matemática participan estudantes de Bacharelato e, co aval do
profesor, tamén o fan alumnos dos últimos cursos de ESO. Consta dunha
primeira fase local, na que participaron máis de 3.000 estudantes, e
unha fase autonómica, que determinou os participantes na fase final que
se celebra en Ourense.
As probas consisten na resolución de seis
problemas, repartidos en dúas sesións de tres horas e media de duración
cada unha, sendo a comunidade autónoma que máis alumnos achega a este
concurso Andalucía (12), seguida de Madrid e Cataluña (9 cada unha),
Valencia (6) e as restantes comunidades, entre elas Galicia, participan
con 3 alumnos cada unha, contando as cidades autónomas de Ceuta e
Melilla cun representante cada unha delas. O acto de entrega de medallas
da LV OIimpíada Matemática terá lugar o vindeiro sábado no Paraninfo do
IES Otero Pedrayo de Ourense. Departamento de comunicación / Deputación de Ourense