A Coruña | A Deputación
da Coruña destina 306.000 euros para financiar a contratación de socorristas
nas piscinas municipais e praias fluviais de 43 concellos da provincia con
menos de 50.000 habitantes.
O Boletín
Oficial da Provincia publica hoxe o importe concedido a cada un dos municipios
solicitantes, con achegas económicas que oscilan entre os 3.500 e os 9.800 euros por concello, e que se
destinarán á contratación de socorristas durante a tempada estival por un
periodo máximo de tres meses. Xunto co programa de limpeza de praias, supón a
creación de arredor de 300 empregos na provincia durante o verán.
Os concellos que contarán con servizo de socorrista
subvencionado pola Deputación este ano son A Baña A Capela, As Pontes, As
Somozas, Abegondo, Ames, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cambre, Carral, Cerceda,
Cerdido, Coirós, Coristanco, Curtis, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía,
Moeche, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, San Sadurniño, ,Santa Comba,
Santiso, Sobrado dos Monxes, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do
Dubra, Vilarmaior, Vilsantar, Vimianzo,
Zas, O Pino e Oza-Cesuras.