A Xunta vén de remitirlles hoxe aos
concellos de Oleiros e A Coruña o convenio de chegada dos autobuses
urbanos ata Santa Cristina para a súa sinatura, tras ser firmado pola
conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
Este
acordo, unha vez asinado por todas as partes, neste caso, a Xunta e os
concellos, permitirá poñer en marcha o servizo de autobús o vindeiro 15
de xuño.A Lei de racionalización do sector público autonómico
establece a necesidade de asinar un convenio entre administracións, que
debe someterse tamén á consideración das empresas de transporte
afectadas mediante o procedemento de audiencia.
A Consellería de
Infraestruturas seguiu o procedemento establecido na lexislación co
obxectivo de cumprir o compromiso de impulsar a aprobación do convenio
de ampliación do servizo de transporte urbano da Coruña con penetración
no termo municipal de Oleiros para a época de verán.