El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Oito localidades galegas acollerán os concertos do Festival e Academia Internacional de Música de Cámara de Galicia "Cameralia"

02-05-2007

A capital galega acollerá as actividades centrais do I Festival e Academia Interacional de Música de Cámara de Galicia "Cameralia". Entre o 22 e o 29 de xullo, unha selección dos grupos de cámara de prestixio internacional, asistentes á Academia Internacional de Música de Cámara de Galicia, ofrecerán concertos nas localidades de Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, Lalín, Ribadeo e Moaña. Ao tempo, as rúas de Santiago encheranse de música co programa "Música na rúa", dentro do mesmo festival. En Santiago e Lalín desenvolveranse os concertos do festival, a cargo dos artistas residentes que combinarán no seu repertorio a compositores clásico-románticos con grandes clásicos do século XX. Cameralia promove tamén a nova música, con tres encargos ao compositor galego Xavier Mariño, ao aragonés Jesús Torres e ao portugués Alexandre Delgado. Paralelamente ao festival, os artistas residentes ofrecerán na Escola de Altos Estudos Musicais unha serie de cursos, conferencias e clases maxistrais a unha selección de 107 estudantes, membros de grupos de cámara noveis. Os artistas residentes desta primeira edición serán Stephanie Winker, Christian Wetzel, Dag Jensen, David Fernández, Cuarteto Casals, David Trio, Eldar Nebolsin, Carlos Méndez, Joaquín Meijide e o impulsor do festival, José Luis Estelles. A iniciativa, organizada pola Consellería de Cultura, o Igaem, a Concellería de Cultura de Santiago, o Consorcio de Santiago, a Consellería de Educación e a Universidade de Santiago, ofrece non só unha cita internacional coa música de cámara, senón tamén a convivencia e intercambio dos músicos noveis con intérpretes de proxección mundial.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias