El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

ESTA NOITE

A Deputación de Pontevedra tingue de verde o Pazo Provincial

26-06-2019 11:45:14

A Deputación de Pontevedra conmemorará o Día Internacional da Xordocegueira iluminando de verde o Pazo Provincial desde as 22.30h deste hoxe ata a mañá do venres 28. Así, a institución provincial súmase á iniciativa promovida por XOGA (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia) e cuxo obxectivo é visibilizar ás persoas xordocegas, que en España son arredor de 6.000. 

O Día Internacional da Xordocegueira conmemora o nacemento de Helen Keller, destacada intelectual e activista dos dereitos das persoas con diversidade sensorial. Keller deu a coñecer internacionalmente a xordocegueira e demostrou a importancia de dispor de profesionais que proporcionen o soporte comunicativo e asistencial indicado para as persoas xordocegas.

A “declaración das necesidades básicas das persoas xordocegas” (Estocolmo, 1989) estableceu, durante a Cuarta Conferencia Mundial Hellen Keller, que a xordocegueira non é unha cegueira con sordeira adicional nin tampouco xordeira con cegueira adicional senón que é unha diversidade sensorial diferente que exixe servizos especializados. Esta declaración tamén marca o propósito de divulgar e concienciar a todos os medios de comunicación do mundo sobre a existencia da xordocegueira e os problemas que expón.

Durante estes días tamén está a celebrarse a Semana Internacional da Xordocegueira. A través dela a Deputación de Pontevedra colabora con XOGA para a organización de "A Santiago pola Xordocegueira", actividade que ofrece a posibilidade de realizar os últimos 100km do Camiño Portugués pola costa. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias