El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Máis de 1.000 persoas participan nas excursións do programa "En Ruta coa Depo 2019"

27-06-2019 12:37:42

O programa “En Ruta coa Depo 2019” organiza esta semana 17 novas excursións nas que participarán preto de 1.100 persoas de once concellos da provincia. En concreto serán 1.056 veciñas e veciños dos concellos de Pontevedra, Lalín, Caldas de Reis, Fornelos de Montes, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Ponteareas, Nigrán, A Estrada, Salceda de Caselas e Silleda. 

Máis polo miúdo, este mesmo xoves, 108 persoas da Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer do Morrazo farán unha ruta por Barro: parque da natureza do río Barosa; Portas: miradoiro do val; Valga: xacemento da igrexa vella de Santa Comba de Louro; e Catoira: Torres de Oeste. No que respecta ao sábado, 104 persoas da Asociación de Mulleres Rurais e Culturais Santa Mariña e da Asociación de Mulleres de Dorna visitarán Pendellos de Agolada; e Vila de Cruces: Museo A Solaina de Piloño, Fundación Xosé Neira Vilas e igrexa de San Salvador e Camanzo. Ese mesmo día, outras 108 persoas da Asociación de Mulleres en Igualdade de Madriñán coñecerán o conxunto histórico e o parque da Canuda, en Salvaterra do Miño; e, en Arbo, o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea e pesqueiras do Miño. Tamén, 54 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Consumidoras e Culturais A Xuntanza de Fornelos farán o seu percorrido por Forcarei: mosteiro de Aciveiro; e Silleda: castro de Toiriz, mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro e fervenza do río Toxa.

Pola súa banda, tamén o sábado, 54 persoas da Asociación Amigos de los Pazos van visitar Barro: parque da natureza do río Barosa; Portas: miradoiro do val; Valga: xacemento da igrexa vella de Santa Comba de Louro; e Catoira: Torres de Oeste. Amais, 108 persoas da Asociación Cultural Veira do Río de Pontesampaio farán a súa ruta por Arousa, coñecerán a Illa da Toxa, farán un percorrido en barco pola ría de Arousa (con degustación); e, tamén, irán a O Grove, ao Museo da Salga, e darán un paseo pola zona e polo xacemento da Lanzada. No que respecta á Asociación TDAH Salnés, 54 persoas visitarán as illas Cíes e o barrio mariñeiro do Berbés en Vigo. N0 caso da Asociación Veciñal Vía XIX de Caldas de Reis, outras 54 persoas van coñecer a illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo. 

Por outra banda, o domingo, 108 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel e de Alcer-Pontevedra visitarán Arousa, coñecerán a Illa da Toxa, farán un percorrido en barco pola ría de Arousa (con degustación); e, tamén, irán a O Grove, ao Museo da Salga, e darán un paseo pola zona e polo xacemento da Lanzada. Tamén, 54 persoas da Asociación de Veciños La Comunidad de Pias farán a súa ruta por Cuntis: conxunto histórico (praza das Árbores, Casa Grande dos Castro...), miradoiro do parque Maráns e castro de Castrolandín; e polo conxunto histórico de Caldas de Reis (fonte das Burgas, ponte romana, xardín botánico e carballeira). No que respecta á Asociación Cultural Recreativo Parada do Miñor, 54 persoas visitarán Pendellos de Agolada; e Vila de Cruces: Museo A Solaina de Piloño, Fundación Xosé Neira Vilas e igrexa de San Salvador e Camanzo.

Ademais, tamén o domingo, outras 54 persoas da ANPA Picariños do Ceip de Figueiroa van a coñecer o castro de Santa Trega, en A Guarda; e, en Tui, van visitar o conxunto histórico, o monte Aloia e o Alto dos Cubos. Pola súa banda, 54 persoas da Asociación de Vecinos Carballeira-Picoña farán unha ruta por Barro: parque da natureza do río Barosa; Portas: miradoiro do val; Valga: xacemento da igrexa vella de Santa Comba de Louro; e Catoira: Torres de Oeste. No caso da Asociación de Mulleres de Cabral Rosalía de Castro, 54 persoas van coñecer a illa de San Simón, o castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio, e o Museo Meirande en Redondela. E, por último, 34 persoas da Asociación Benéfico Social de Padres y Amigos La Esperanza del Valle Miñor farán un percorrido polo conxunto histórico de Pontevedra, o Museo de Pontevedra e a illa do Covo. 

O programa “En Ruta coa Depo 2019” oferta este ano 20.000 prazas e 32 rutas para gozar dun día de convivencia, con xantar e transporte incluídos, por lugares emblemáticos da provincia.  En liñas xerais, a través desta iniciativa a Deputación pretende crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional. Tamén dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo, así como promover os recursos máis importantes das Rías Baixas para que a xente os coñeza, se poida sentir orgullosa deles, coide o medio ambiente e adquira novos valores de respecto ao entorno. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias