El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Máis de 700 persoas participan nas excursións do programa "En Ruta coa Depo 2019"

02-07-2019 12:02:45

O programa “En Ruta coa Depo 2019” organiza esta semana 10 novas excursións nas que participarán máis de 700 persoas de sete concellos da provincia. En concreto serán 702 veciñas e veciños dos concellos de Sanxenxo, Vigo, As Neves, Pontevedra, Ponteareas, Redondela e Mos. 

Máis polo miúdo, este mércores, 54 persoas do Club de Pensionistas de Sanxenxo visitarán o santuario de Santa María da Franqueira da Cañiza,  e o Centro de Interpretación da Cera (Favum) e Casa-Museo Pazo da Cruz, en Covelo. Pola súa banda, o venres, 54 persoas da Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia farán a súa ruta pola illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo. No que respecta ao sábado, 54 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Chan dos Casteliños coñecerán o conxunto histórico de Cangas, a igrexa do Hío, o miradoiro da costa de Soavela e Cabo Home, en Cangas; e o Museo Massó e cabo Udra, en Bueu. Tamén, 108 persoas da Asociación Club de Xubilados e Pensionistas visitarán Pendellos de Agolada; e Vila de Cruces: Museo A Solaina de Piloño, Fundación Xosé Neira Vilas e igrexa de San Salvador e Camanzo. 

Por outra banda, o domingo, 108 persoas da Asociación Cultural San Nicolás de Prado e da Asociación de Vecinos del Barrio de la Feria en Cabral farán a súa ruta por Arousa, coñecerán a Illa da Toxa, farán un percorrido en barco pola ría de Arousa (con degustación); e, tamén, irán a O Grove, ao Museo da Salga, e darán un paseo pola zona e polo xacemento da Lanzada. Amais, outras 108 persoas da Asociación de Veciños San Cibrán de Ribarteme van coñecer a illa de San Simón; o castelo de Soutomaior e Ponte Sampaio; e o Museo Meirande, en Redondela. Tamén o domingo, 162 da Asociación de Nais e Pais de Persoas con Necesidades Especiais Andaina e da Asociación Cultural A Queimada visitarán a illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo. E, por último, 54 persoas da Asociación de Disminuidos Físicos e Psíquicos de Mos farán unha ruta polo conxunto histórico de Pontevedra, polo Museo de Pontevedra e pola illa do Covo. 

O programa “En Ruta coa Depo 2019” oferta este ano 20.000 prazas e 32 rutas para gozar dun día de convivencia, con xantar e transporte incluídos, por lugares emblemáticos da provincia.  En liñas xerais, a través desta iniciativa a Deputación pretende crear espazos de unión e convivencia a través do impulso da igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional. Tamén dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo, así como promover os recursos máis importantes das Rías Baixas para que a xente os coñeza, se poida sentir orgullosa deles, coide o medio ambiente e adquira novos valores de respecto ao entorno. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias