El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

A CORUÑA | UDC

A residencia universitaria pública "Elvira Bao" organiza este sábado unha xornada de portas abertas

03-07-2019 12:41:13

A CORUÑA | A residencia universitaria pública da Universidade da Coruña "Elvira Bao" abrirá as súas portas este sábado, 6 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas, para que estudantes e familiares poidan coñecer as súas instalacións.

Situada na Zona Escolar, preto do Campus de Riazor, dispón dun total de 44 prazas: 2 en cuarto individual destinadas ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, asociada a dificultades na súa mobilidade, que requira dun aloxamento adaptado; e 42 en cuarto dobre (non mixtas). Ademais, as instalacións dispoñen de tres salas de ocio. O prezo dos cuartos oscila entre 100 e 215 euros e inclúe os consumos de calefacción, electricidade, auga e conexión wifi. 

A “Elvira Bao” é unha realidade grazas ao convenio que subscribiron a Universidade da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello da Coruña para a cesión de uso de parte do edificio do Centro Calvo Sotelo para a súa utilización como residencia universitaria.

As persoas interesadas en participar na xornada de portas abertas deben enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a residenciauniversitaria.coruna@udc.gal. As prazas para a visita son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias