EUROPA PRESS | Galicia rexistrou a creación dun total de 251 empresas en xuño, o que
supón unha caída do 30% respecto ao mesmo mes do ano anterior, no que
houbo unhas 359 constituídas, segundo os datos que publica este mércores
o Instituto Galego de Estatística (IGE).
O capital medio
subscrito polas sociedades constituídas en xuño ascendeu a case 260.000
euros por sociedade. Case todas as empresas creadas foron SL, mentres
tan só houbo tres SA. As provincias de Pontevedra (40,6% do
total) e A Coruña (39%) rexistraron o maior número de creación de
empresas en Galica. A distancia atópanse Ourense (10,76%) e Lugo
(9,56%).
Pola súa banda, en xuño ampliaron o seu capital
social 87 sociedades mercantís -unha ducia menos que un ano antes-, que
ascendeu a 118,4 millóns de euros. O 22,7% das empresas
compañías constituídas en xuño pertencen á rama do comercio, mentres que
as seguintes actividades en importancia son a hostalaría (15,9%) e a
construción (13,9%).
Así mesmo, a presenza do sexo masculino
segue sendo maioritaria na creación de empresas, como en meses
precedentes: 234 socios (o 73,13% do total) fronte a 86 socias (26,88%)
en xuño de 2019. EP