Sociedad
08-05-2007
O xurado do XXI Premio Literario Ánxel Fole, reunido na sé da Fundación Caixa Galicia en Lugo, declarou como gañadora a obra titulada "Urda e mundo. Un ensaio sobre Rof Codina", escritor lucense ao que se lle dedica este ano o galardón que concede a Fundación Caixa Galicia e El Progreso. Os autores da investigación son Carlos Fernández e Anxo Rey Ballesteros.
Desde a súa creación en 1986, este premio pretende incentivar o estudo e análise da produción artística dos intelectuais lucenses máis destacados mediante un galardón que recorda a unha das súas personalidades máis emblemáticas, o xornalista e escritor Ánxel Fole.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias