CERCEDA | O
presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, foi o encargado de abrir
onte o workshop celebrado nas instalacións do Complexo Medioambiental da
Sociedade en Cerceda (A Coruña), e que contou coa asistencia dun
nutrido aforo conformado maioritariamente por alcaldes, concelleiros,
técnicos, educadores medioambientais, universitarios e profesionais do
sector dos residuos, do ámbito agrícola e xardinaría.
Baixo
o título “A compostaxe a escala local: compartindo experiencias”, con
este evento, enmarcado no proxecto europeo de cooperación
transfronteiriza Res2ValHum, que ten por obxecto poñer en valor a
materia orgánica e evitar o seu vertido, pretendíase dar a coñecer o
bagaxe adquirida por distintos concellos en relación ao compostaxe
doméstico e industrial, así como a visión de expertos na materia.
O
máximo responsable de Sogama estivo acompañado no acto inaugural polo
Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte
de Portugal, Xosé Lago, e pola Subdirectora Xeral de Residuos da Xunta
de Galicia, Verónica Tellado, quen participou posteriormente cunha
conferencia na que deu a coñecer a folla da ruta do compostaxe nesta
comunidade, dando conta do que se fixo e do que aínda queda por facer
para que o compostaxe nas súas distintas modalidades vaia gañando terreo
e a reciclaxe da materia orgánica se incremente de forma exponencial.
Intercambio de experiencias para a aprendizaxe
Respecto
das experiencias prácticas en compostaxe doméstico e industrial
contouse coas achegas do Concello de Carballo, a través do seu
Concelleiro Delegado de Obras e Servizos, Lois Lamas; da Deputación de
Ourense, coa intervención da Xefa de Sección de Xestión Ambiental, María
Sabas Álvarez; e do Concello de As Pontes de Rodríguez, representando
por Ismael Blanco Bouza, da firma Deloga.
Todos
eles explicaron os pormenores dos seus proxectos (compostaxe doméstico,
urbano e vermicompostaxe), as súas fortalezas, pero tamén as
dificultades coas que se atoparon en casos concretos debido ao
descoñecemento e reticencias por parte dalgúns usuarios. Con todo,
valoraron como moi positivas e exitosas as súas iniciativas, ás que
darán continuidade durante os próximos meses para seguir avanzando na
reciclaxe da materia orgánica no marco dun modelo de desenvolvemento
orientado cara á economía circular.
Na
parte final da xornada, os asistentes tiveron a oportunidade de
escoitar o relatorio de Eduardo Soler, Xerente da Sociedade de
Actuacións Medioambientais (Limonium), que dou unha visión global e moi
interesante sobre a xestión dos residuos en xeral, e da materia orgánica
en particular, en distintos municipios da provincia de Tarragona.
Pechou a secuencia de intervencións Joao Graça da firma portuguesa
Lipor, que conta cunha planta de valorización para a materia orgánica.
Visita á nova planta de Sogama
Trala
quenda de preguntas e coloquio, os asistentes realizaron unha visita
guiada á nova planta de recuperación de materiais de Sogama. En
operación desde novembro de 2018, esta instalación conformou a primeira
fase de ampliación do Complexo Industrial de Cerceda, que se completa
coa remodelación da antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración
de combustible. Desta forma, a nova Sogama estará preparada para
alcanzar os seus principais obxectivos: tratar en condicións óptimas
todos os refugallos producidos polos 295 concellos adheridos ao seu
modelo, e mesmo do resto de Galicia; cuadriplicar as súas taxas de
reciclado; e chegar en 2020 ao vertido técnico cero (10%), esixencia
europea para o ano 2035. Departamento de comunicación