El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Deportes

CICLISMO | VOLTA GALICIA

Lizarte vence pola mínima na contra o reloxo por equipos en Baiona

19-09-2019 21:57:01

Roger Adriá, corredor catalán do Lizarte, vestiuse na localidade pontevedresa de Baiona co primeiro maillot amarelo de líder da Volta a Galicia. A formación navarra impúxose na contra o reloxo por equipos inaugural por unha exigua diferenza nos 8,3 quilómetros de recorrido. O seu rexistro de 8:45 rebaixou nun segundo o asinado polo Kometa. O Supermercados Froiz rematou terceiro e como mellor conxunto galego.

O encargado de abrir a decimoitava edición da rolda autonómica foi o Kometa, e a estrutura da Fundación Contador ostentou durante máis de media hora o mellor rexistro. Once dos dezasete equipos que tomaron a saída cruzaron a liña de meta sen poder batir o rexistro do equipo madrileño, ata que chegou a quenda do Lizarte. Os navarros, líderes do ranking español sub23 e que a vindeira temporada contarán cun equipo profesional, rodaron a 51 quilómetro de media.O grupo de cinco corredores do Lizarte que rematou co mesmo tempo entrou con Adriá ao fronte. O seu director deportivo Mikel Ezkieta destacou que “á altura do segundo quilómetro o vento soplaba do mar e aos corredores fíxoselles moi duro. Foi un factor que influíu. Como en todas as carreiras vimos a dar o máximo posible e coa intención de disputar a xeral”.

A 9” dos vencedores terminou o Supermercados Froiz, encabezado por Guillermo García. O sub23 pontevedrés foi o mellor galego da xornada. O Top-5 contou con outros dous equipos da terra. O Vigo-Rías Baixas concluíu cuarto, a 19”, e o Aluminios-Cortizo de Padrón, quinto a 25".A nómina dos dez primeiros da xornada completárona o Bicicletas Rodríguez Extremadura (6º), Club Ciclista Vigués (7º), Gomur-Cantabria (8º), Gspor-Valencia (9º) e o Sicasal portugués (10º).

A entrega de premios que coroou ao equipo gañador e na que se entregaron as primeiras camisolas da Volta contou coa presenza de Gorka Gómez, deputado provincial de Deporte da Deputación de Pontevedra; Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Miriam Costas, concelleira de Deportes e Cultura; Cristina Dosil, Concelleira Turismo; e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo.Segunda xornada

A comarca do Val Miñor repetirá como escenario este venres na primeira cita coa montaña. De novo con Baiona como punto de partida e conclusión, o pelotón enfrontarase a 137 km. Os dous portos puntuables atópanse na segunda metade da xornada.O Alto de Tebra (km 76), de 3ª categoría, exercerá de antesala do Alto da Groba, unha subida de once quilómetros e catalogada de 1ª, co seu cumio a 35 km da meta. Os ciclistas empezarán a darlle aos pedais ás 13:30 horas e a chegada ás 17:15. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias