El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Deportes

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | DEPORTE NÁUTICO

A Deputación inviste preto de 500.000 euros en 52 clubs

21-09-2019 13:14:57

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das subvencións para clubs deportivos da provincia que practican deportes náuticos. Tal e como informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “estas axudas teñen un importe de 478.000 euros e beneficiarán a un total de 52 clubs de piragüismo, remo e vela de 22 concellos da provincia”.

O obxectivo destas subvencións é axudar a que os clubs da provincia poidan participar en ligas e competicións oficiais provinciais, autonómicas ou nacionais convocadas por federacións deportivas galegas ou nacionais. Así, neste 2019 vanse beneficiar das achegas 52 clubs, dos cales 27 son de piragüismo, 17 de remo e 8 de vela. Máis polo miúdo, os 27 clubs de piragüismo recibirán 265.000 euros, os 17 de remo 150.000 e os 8 de vela 63.000 euros. 

Os 52 clubs que van desfrutar desta subvención  da Deputación de Pontevedra pertencen a 22 concellos da provincia entre os que se atopan Baiona, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, O Grove, Illa de Arousa, A Guarda, Marín, Moaña, Mondariz-Balneario, Poio, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias