Sociedad
11-05-2007
O presentador do programa de televisión "Caiga quien caiga", Manel Fuentes, falará o martes en Santiago sobre a información como base do entretemento, dentro do espazo "Os encontros do Club", organizado polo Club Internacional de Prensa.
Presentador de televisión, músico e xornalista, Manel Fuentes abordará o martes a partir das 20 horas no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia en Santiago a técnica e a análise do entretemento nos seus formatos audiovisuais, que sempre tivo como base a actualidade xornalística.
A través desta conxunción entre actualidade e entretemento, Fuentes popularizou diversos espazos audiovisuais tanto en televisión como en radio. Manel Fuentes traballou en distintos programas ata acadar unha maior repercusión co seu programa "Fuentes y Cía", co que conseguiu o TP de Ouro como mellor presentador tres anos consecutivos entre 2001 e 2003, así como un Premio Ondas en 2002.
www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias