El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

GALICIA | CONCELLOS

Feijóo salienta que todos os concellos "por moi pequenos que sexan" contarán cun recurso de conciliación

26-09-2019 18:41:33

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, avanzou hoxe que “todos os concellos galegos, por moi pequenos que sexan, terán un recurso de conciliación gratuíto”, tras avaliar na reunión do Consello da Xunta a acollida da última convocatoria para crear 15 Casas Niño á que se presentaron 29 solicitudes.

Ante a boa acollida , a Xunta traballa nunha nova convocatoria para poder chegar a todos os concellos que aínda non teñen un recurso de conciliación.Máis polo miúdo, o presidente da Xunta sinalou que a día de hoxe hai xa 60 en funcionamento: 29 abriron con cargo á primeira convocatoria de axudas no ano 2016, 17 pola de 2017 e 14 máis con cargo á de 2018. Nas próximas semanas os técnicos da Consellería de Política Social valorarán as 29 solicitudes recibidas e se resolverán as 15 novas Casas Niño que se poderán poñer en funcionamento nos vindeiros meses.

Feijóo lembrou que actualmente hai máis de 25.000 prazas de gardería–o dobre que hai dez anos-; liñas de axudas para a apertura de escolas infantís para empresas, confrarías e cooperativas agrarias; o Bono Concilia para axudar a pagar a gardería a aquelas familias que non puidesen acceder a unha praza pública; o Bono Coidado de axudas para a contratación puntual dun coidador ou dunha ludoteca; a Tarxeta Benvida, e, tal e como anunciou o presidente da Xunta no Debate sobre o Estado da Autonomía, a partir de 2020 as escolas infantís serán gratuítas para todas as familias galegas no segundo fillo e sucesivos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias