El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

AUTOESTRADAS | DESCONTO NOCTURNO

O desconto nocturno do 50% das autoestradas A Coruña-Carballo e Do Val Miñor entrará este martes

29-09-2019 12:44:11

A Xunta comezará a aplicar na madrugada do martes as bonificacións dos 50% en horario nocturno nas peaxes das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57). Serán de aplicación a todo tipo de vehículos e estarán activas de luns a domingo.

Trátase dunha nova bonificación nocturna para as peaxes das dúas autoestradas autonómicas, que será de aplicación a partir do próximo día 1 de outubro en todos os traxectos que discorran polas mesmas entre as 12 da noite e as 6 da madrugada. Estes descontos aplicaranse a todos os vehículos, lixeiros e pesados, que conten cun sistema de pago con telepeaxe.

O convenio de colaboración entre a Xunta e Autoestradas de Galicia, que regula as subvencións das peaxes nas autoestradas AG-55 e AG-57, permite manter as bonificacións de peaxe para itinerarios frecuentes, de volta no mesmo día, e vese agora mellorado coas bonificacións en horario nocturno. Nestas autoestradas de titularidade autonómica xa se aplica dende o ano 2010 nos días hábiles unha rebaixa do 25% do importe da viaxe de volta dun traxecto de ida e volta, que se incrementa nun 50% na segunda e posteriores viaxes de volta en ambas as dúas autoestradas co uso do Vía-T.

Estas novas bonificacións en horario nocturno son acumulables ás anteriores. Así, a modo de exemplo práctico, no caso dos vehículo de carga que aproveite a bonificación nocturna (pesado 2), o custe do traxecto de ida e volta no caso da autoestrada  A Coruña-Carballo baixará de 10,20 euros sen bonificación a 4,46€, e no traxecto Vigo- Baiona, de 6,80€ a 2,97euros. 

A iniciativa ten como obxectivo promover o uso destas autoestradas en horarios nos que se atopan infrautilizadas para mellorar a seguridade viaria. Estas infraestruturas viarias dan servizo a centros de actividade económica como o Porto Exterior da Coruña, o polígono de Sabón e de Porto do Molle, que se verán beneficiados por esta medida. O departamento de Infraestruturas da Xunta, pola suma destas bonificacións, deberá aboar á sociedade concesionaria neste ano 2019 preto dun millón de euros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias