OURENSE | A
Deputación de Ourense uniuse hoxe á reivindicación da coordinadora da
“España Vaciada” de facer un paro simbólico de 5 minutos en diferentes provincias do país para reivindicar un Pacto de
Estado contra o despoboamento rural. O presidente da Deputación, Manuel
Baltar, xunto a membros do seu equipo de goberno, outros representantes
institucionais, representantes do Partido Popular e de Ciudadanos, así
como traballadores do ente provincial, secundou o paro convocado por
esta plataforma, co obxectivo de reflexionar sobre a problemática do
reto demográfico.
A
reivindicación é lograr un Pacto de Estado contra a despoblación,
contra a desvertebración territorial de España e contra a crecente
desigualdade de oportunidades entre os cidadáns do medio rural e do
urbano. Neste sentido, desde a “España Vaciada” pide que o Goberno de
España e as autoridades rexionais, provinciais e locais e todas as
institucións públicas escoiten esta mensaxe, “para que todos xuntos
deseñen unha estratexia para loitar contra o despoboamento rural, con
actuacións ben definidas, orzamentos e prazos marcados”, afirman desde a
coordinadora “España Vaciada”.
Precisamente,
o presidente Baltar xa avanzara en febreiro pasado no Senado, no marco
dun foro nacional sobre Demografía, a Deputación de Ourense será o
primeiro goberno provincial que contará cun área para o Reto
Demográfico, contemplado no plan de mandato “Ourense 7273”, “que inclúe a
creación dunha unidade administrativa específica para tratar esta
cuestión”, afirma Manuel Baltar, un tema, o da loita contra o
despoboamento rural que cualifica de “fundamental e prioritario”, para o
que, destaca: “A Deputación de Ourense implementará máis medidas de
carácter social, económico e laboral, que se unirán ás que xa vimos
desenvolvendo e entre as que figuran as axudas aprobadas onte do
programa “EmprendOU” 2019 para proxectos empresariais ou de autoemprego
en municipios rurais en declive demográfico da provincia de Ourense”.
Tamén
lembra o presidente “a firme aposta” do goberno provincial pola
dinamización rural coa posta en marcha en Ourense do Observatorio
Internacional do Medio Rural, unha iniciativa que acordaron, en días
pasados, Manuel Baltar e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel
Reigosa, e que contra entre os seus obxectivos visibilizar desde Ourense
o gran potencial do rural no ámbito nacional e internacional.
Precisamente, unha das iniciativas que contempla o convenio
Deputación-Universidade de Vigo é a organización do congreso
internacional “Ourense Rural Summit”, que reunirá aos principais
expertos europeos sobre reto demográfico, medio ambiente, cooperativismo
e economía rural, un evento que marcará a folla de ruta do Observatorio
de Investigación Rural, e que se celebrará do 29 ao 31 de outubro no
mosteiro de Santo Estevo e clausurarase no mosteiro de Oseira.
Unha
área, a do reto demográfico, que Manuel Baltar reivindica tamén desde
Partenalia, como presidente desta rede europea de gobernos provinciais,
así como noutros foros nacionais e internacionais. Precisamente, como
máximo dirixente desta asociación europea, Baltar destaca o compromiso
cumprido por Bruxelas para que non se reduzan os Fondos de Cohesión e
para que exista unha “maior igualdade territorial”, tal e como lle
trasladara o ano pasado ao vicepresidente do Parlamento europeo, unha
reivindicación en favor das provincias de Europa que tamén defendeu
diante do, daquela, presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker;
o presidente do Comité das Rexións, Karl Heinz Lambertz, e a comisaria
de Política Rexional da UE, Corina Cretu, na edición de 2018 da Semana
Europea das Rexións e as Cidades, un evento, o máis importante que
celebra a Unión Europea cada ano en materia de políticas de
desenvolvemento rural, e no que, a vindeira semana, Manuel Baltar
volverá a participar -no Comité das Rexións-, para seguir reivindicando
financiamento directo para os territorios provinciais “e políticas
sostibles que creen emprego no medio rural”, destaca Baltar.
O
presidente da Deputación de Ourense considera “vital para a
supervivencia do rural” que a Unión Europea se implique ao máximo no
reto demográfico, e pon como exemplo que Parlamento Europeo recoñecese,
por primeira vez, á provincia como destinatario das axudas comunitarias,
o que supón un paso de xigante para os territorios rurais”, afirma
Baltar, polo que iso significa de prioridade financeira e de novos
proxectos que terán na distinción “Rural” a súa principal razón de ser
para avanzar cara á equidade territorial que vimos demandando”.
Baltar
tamén se referiu nesta xornada reivindicativa de hoxe á colaboración
que mantén a Deputación de Ourense coa Cátedra polo Reto Demográfico,
que impulsa o xornalista Manuel Campo Vidal, e ao protagonismo que a
provincia de Ourense tivo no debate estatal sobre iniciativas para el
reto demográfico celebrado no marco do Foro Next, onde Baltar dixo que a
demografía e o despoboamento “no deben ser motivo de enfrontamento
entre partidos senón un obxectivo común de país”, salientando que o reto
demográfico “forma parte da axenda política en España e na UE, e debe
estar ao marxe de plantexamentos ideolóxicos”. Departamento de comunicación