El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Más noticias

SANTIAGO | ATENEO

Primeiro concerto do Festival Ateneo Barroco dedicado ás sonatas para violín e clave de Bach

07-10-2019 11:28:31

Primeiro dos 5 concertos que ao longo desta semana encherán a oferta do novo Festival Ateneo Barroco. O Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) acolle o martes (20:00 horas) o recital protagonizado polo violinista Massimo Spadano e o clavecinista Fernando López Pan e dedicado ao gran Johann Sebastian Bach, un dos protagonistas principais desta primeira edición do festival que conta co patrocinio do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago e a colaboración da Universidade de Santiago.

Dende A Coruña chegan dous músicos especialistas na música do Barroco e profundos coñecedores do repertorio desta época e especialmente dunha das grandes figuras deste período, Johann Sebastian Bach. Massimo Spadano, violinista-concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia, e Fernando López Pan, clavecinista e profesor deste instrumento no conservatorio de música coruñés, interpretarán 3 das 6 sonatas que Bach escribiu para os seus instrumentos, violín e clave.

O programa complétao outra sonata para o mesmo tipo de dúo composta por outra das máis senlleiras figuras do Barroco, o compositor de orixe alemá nacionalizado inglés, Georg Friedrich Haendel. As entradas para o concerto poden adquirirse en entradas.ataquilla.com, na sede de Afundación na rúa do Vilar e, 2 horas antes do concerto, no mesmo Paraninfo da Universidade.

No espazo de celebración de cada concerto, e con anterioridade ao mesmo (18:30 horas), celebraranse durante os cinco días de concerto do festival, uns breves encontros cos artistas, dispostos a satisfacer dúbidas e curiosidades e a ilustrar e amosar as peculiaridades dos seus instrumentos, todos tan vencellados ao Barroco como neste caso é o clave, instrumento do que poderemos descubrir moito da man dun especialista amante deste instrumento como é Fernando López Pan. Esta actividade é gratuíta con acceso limitado por rigorosa orde de chegada a 25 persoas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias