A CORUÑA | O deputado responsable da área de Transición Ecolóxica
e Emprego, José Ramón Riobóo, o presidente da Cámara de Comercio da Coruña,
Antonio Couceiro; o director da área internacional do IGAPE, Augusto Álvarez
Borrás e a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro,
participaron esta mañá en ExpoCoruña na
inauguración dunha nova edición da feira ExporPymes, que este ano reúne a 185
empresas galegas con 90 exportadores procedentes de 27 nacionalidades, co
obxectivo de que establezan novas relacións de negocio.
Á xa habitual participación de países coma Estados
Unidos, Reino Unido, Polonia, República Checa, Colomboa, Perú, México, Israel,
Irlanda, Turquía ou Panamá, sumánse este ano novos países coma Dinamarca,
Suiza, Jordania, Túnez, Senegal, Ghana e Burkina Fasso. No seu discurso inaugural, Riobóo destacou a
importancia de apostar pola internacionalización das empresas coruñesas. O
deputado lembrou que a provincia coruñesa é xa a cuarta de España por volume de
exportacións e concentra case o 50% do total de exportacións galegas, pero
afirmou que “para manter ese liderado e continuar a senda de crecemento dos
últimos anos, todos os axentes e administracións comprometidos co emprego
debemos sumar esforzos”.
“A provincia da Coruña conta cun potencial enorme, con
infinidade de recursos e cun gran número de pequenas e medianas empresas
dispostas a dar o salto da internacionalización. Esta feira supón para o noso
tecido empresarial unha excelente oportunidade de abrir establecer novas
relacións comerciais para continuar crecendo e xerando riqueza desde A Coruña”,
afirmou José Ramón Riobóo.
Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio,
Antonio Couceiro, afirmou que “foros coma Expopymes premiten transmitir unha
imaxe sólida do empresariado galego e, por ende, de Galicia” e detallou que os
sectores de alimentación, bebidas e materiais de construción son os que contan
con maior representación nesta edición da feira. Departamento de comunicación