El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A provincia da Coruña empregou máis de 25 millóns en axudas FEDER - IDAE

24-10-2019 16:30:37

BERGONDO | O Pazo de Mariñán, no Concello de Bergondo, foi hoxe escenario da xornada sobre as axudas FEDER - IDAE para proxectos enerxéticos de entidades locais. No evento, ao que acudiron ao redor de 100 persoas entre as que se atopaban membros de diferentes corporacións municipais de Galicia e persoal municipal, destacouse que A Coruña é a provincia galega que máis empregou estas axudas para proxectos enerxéticos.  

A conferencia foi organizada pola Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC) -pertencente á Deputación da Coruña- xunto co Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) -pertencente ao Ministerio de Transición Ecolóxica-.  

Ao longo da mañá explicouse como os diferentes concellos poden optar á solicitude destas axudas, dirixidas a proxectos que impulsen a redución de emisións de dióxido de carbono, a través do iniciativas de aforro e eficiencia enerxética. Dentro destas accións atópanse actuacións como a renovación da iluminación pública, a mobilidade urbana sostible, o uso de enerxías renovables ou a mellora da eficiencia enerxética en edificacións e servizos municipais.  

O presidente da Deputación da Coruña e tamén da FAEPAC, Valentín González Formoso, estivo presente no acto inaugural e destacou na súa intervención que "A axencia é unha ferramenta que pode servir para optimizar eses fondos europeos que pretenden reducir a pegada de carbono". A xefa do departamento de Desenvolvemento Urbano Sostible do IDAE, Irene Menéndez García, indicou no seu relatorio que A Coruña é a provincia galega que máis empregou estas axudas para proxectos enerxéticos, investíndose neste territorio -polo momento- máis de 25 millóns de euros. Galicia dispón dun presuposto total de arredor 154 millóns de euros nestas axudas.  

Na xornada participou tamén o tenente de alcalde do Concello de Vedra, Enrique Vázquez Martínez, que narrou aos asistentes os procesos que seguiron desde o municipio para levar a cabo o proxecto enerxético de renovación da iluminación exterior municipal. A actuación recibiu case 800.000 euros de subvención FEDER - IDAE. Vázquez agradeceu á FAEPAC a súa colaboración en materia de asesoramento enerxético para levar a cabo a iniciativa.  

Pola súa parte, o concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Bergondo, Juan Fariña, explicou que Bergondo “xa recibiu unha axuda do IDAE para a primeira fase da renovación da iluminación en todo o municipio, que está en contratación, e acabamos de aprobar a participación noutra convocatoria para así acometer a renovación total dos puntos de luz”.  

O evento estivo moderado polo director da FAEPAC, Jesús Castro Lozano, e nel tamén intervironÁngel González Calvo, delegado do Comité Español de Iluminación (CEI) en Galicia, Antonio Aguilar Pérez, da Asociación de Empresas de Mantemento Integral e Servicios Enerxéticos (AMI) e Marcial Rodríguez Toajas, de Cosital. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias