SANTIAGO DE COMPOSTELA | A
Bauhaus, fundada por Walter Gropius, foi unha escola que sentou as bases do
actual deseño industrial e gráfico. E como no mes de abril celebrou o
centenario da súa constitución o Ateneo de Santiago non quería deixar finalizar
o ano sen dedicarlle un Luns do Ateneo como ben merece a importancia que
continúa a ter na actualidade.
Así,
o vindeiro luns 28, o Arquitecto Carlos Almuíña coa conferencia “Das
Bauhaus (1919-1933). Conmemoración centenaria” será o encargado de ilustrarnos
sobre esta institución, que se converteu nun movemento artístico de referencia
internacional na arquitectura, a arte e o deseño e que foi forzada a pechar as
súas portas ante a invasión nazi, provocando o exilio dos seus líderes.
A
actividade desenvolverase, como habitualmente, a partir das 20:00 horas na Rúa do
Vilar, 19, de Santiago, permitíndose a entrada libre e gratuíta dende as 19:55 horas
ata completar a capacidade da sala.
Carlos Almuíña ocupou diversos cargos directivos no Colexio Oficial de
Arquitectos de Galicia e ata maio de 2007 foi presidente da súa Delegación en
Santiago (1999-2007). En equipo con Rafael Baltar Tojo e José Antonio Bartolomé
Argüelles realizou os edificios dos Xulgados de Santiago, Vigo e Mondoñedo, o
pavillón polideportivo do Colexio Peleteiro en Santiago e diversos proxectos de
intervención no patrimonio arquitectónico histórico, como actuacións na
Catedral de Santiago e nos Mosteiros de San Martiño Pinario e Carboeiro.
Tamén
son da autoría deste equipo as rehabilitacións dos teatros Principal de
Santiago e da Beneficencia de Ortigueira e a reconstrución do Salón Teatro de
Santiago. Sobre temas da súa especialidade colaborou na Gran Enciclopedia Gallega, A
Nosa Terra e nas revistas de arquitectura Jano e Obradoiro. Máis información