Dende hoxe ata o mércores, a
Deputación da Coruña participa en Londres na World Travel Market (WTM), unha das feiras de turismo máis importes de
Europa, onde se amosan as novidades e plataformas de promoción do sector
turístico. Ademais, ofrece espazos innovadores, creadores de tendencias,
relacións comerciais e conferencias sobre o que está a suceder na industria
turística.
Por primeira
vez, a Deputación participará nesta importante feira turística cun stand
propio, especialmente dedicado ao Camiño de Santiago, especificamente ao Camiño Inglés e ao Camiño Fisterra-Muxía, co
obxectivo de fomentar o coñecemento dos mesmos e posibilitar que maior numero
de peregrinos e turistas se animen a percorrer estas rutas situadas na
provincia da Coruña.
O deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, participará estes días
na capital británica en diversos actos e reunións incluidas no programa do
evento. Hoxe mesmo, tras a inauguración da feira, a delegación coruñesa recibiu
a visita da ministra en funcións de Industria, Comercio e Turismo, Reyes
Maroto, que se interesou pola promoción do Camiño Inglés e polo sistema de
colaboración articulado por concellos e Deputación.
Durante esta semana, os miles de
visitantes que acolle a WTM de Londres poderán coñecer material promocional da
provincia e, en concreto, destes dous itinerarios xacobeos que discorren
íntegramente pola provincia da Coruña. Ademáis, na feira presentarase o novo
video de promoción turística do Camiño Inglés, con referencias aos 18 concellos
que atravesa este itinerario xacobeo (Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas,
Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre,
Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago).
Por outro lado, os membros da Deputación da Coruña asistirán a un cóctel
que terá lugar esta tarde na Embaixada de España no Reino Unido para todas as
administracións públicas que participan na WTM e no que se presentará un novo
produto turístico denominado "Art, Design & Fashion Green Spain".