El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O artista Mauro Trastoy gaña o Premio Díaz Pardo da Deputación

12-11-2019 15:05:34

A CORUÑA | O artista Mauro Trastoy (Ferrol, 1971) coa súa obra titulada "7" é a gañadora do XVI certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas da Deputación da Coruña. A obra está elaborada a punto de cruz con lá sobre arpilleira branca. Un xurado composto por  Silvia García González, Alberto González-Alegre, David Barro, Almudena Fernández e Manuel Eirís -gañador da edición anterior- escolleu por unanimidade a obra do artista Mauro Trastoy de entre as vinte finalistas que foran seleccionadas do total das presentadas a esta nova convocatoria do Premio Díaz Pardo de Artes Plásticas da Deputación da Coruña. 

O xurado valorou a calidade da obra presentada e titulada "7"  e, de maneira especial,  como esta é resultado dunha singular investigación e experimentación con técnicas relacionadas coa trama e a urda e o quefacer artesanal para facer unha pintura sen pintura, a partir de xestos mínimos e unha incidencia no proceso e na repetición do motivo. A obra, de lá branca sobre arpilleira branca, "consigue renovar a tradición da pintura reivindicando ao mesmo tempo as nosas tradicións artesanais".   

O artista natural de Ferrol, recibirá un premio de 6.500 euros e a súa obra participará xunto coas finalistas na exposición itinerante organizada pola Deputación da Coruña que visitará dez concellos da provincia. Ademais, a Deputación da Coruña destina nesta convocatoria un orzamento dun total de 25.000 euros para a compra de obras seleccionadas.  

Mauro Trastoy é un dos nomes máis recoñecidos da arte contemporánea galega e a súa obra expúxose en distintas mostras individuais e colectivas. Artista e deseñador gráfico, coa súa obra cuestiona as fronteiras entre arte, artesanía e deseño. Nos últimos tempos, un dos principais ámbitos de traballo de Trastoy céntrase no contacto e a experimentación cos propios materiais. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, o artista participou nunha estadía en Künsthochshule de Kassel e no Kulturmodell de Alemaña, ademais de ser artista en residencia da Fundación Granell. Departamento de comunicación
 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias