A CORUÑA | A Deputación da Coruña destina
este ano unha partida de 468.891,69 euros para apoiar a 31 confrarías de
pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia na contratación de
persoal e na modernización dos seus procesos de produción e comercialización.
O presidente da Deputación, Valentín
González Formoso, destacou que con estas liñas de axudas a área de Promoción
Económica do goberno provincial quere seguir apoiando a un “sector estratéxico,
de gran importancia social e económica en Galicia e na provincia da Coruña” e
lembrou que a acuicultura e a pesca xeran arredor de 40.000 empregos e supoñen
máis do 2% do PIB da comunidade.
As concesión provisional das axudas,
que oscilan entre os 5.280 e os 18.000 euros, publícase hoxe no Boletín Oficial
da Provincia e destinaranse a apoiar ás confrarías coruñesas na contratación de
persoal, adquisición de sementes de moluscos, mellora da produtividade dos
bancos marisqueiros, aluguer de maquinaria ou equipamentos necesarios para o
desenvolvemento das súas actividades, modernización do proceso produtivo dos
produtos do mar ou contratación de servizos externos, como a vixiancia ou os
servizos de gardapesca marítima, entre outros fins. Departamento de comunicación