A CORUÑA | O vicepresidente do Deportivo Liceo, Emilio Fernández, agradeceu o
respaldo das administracións e dos patrocinadores para facer posible que
A Coruña sexa a sede na que se celebre a Copa do Rey e da Raíña de
hóckey masculina e feminina sobre patíns 2019-2020. Ademais, o directivo
herculino lembrou que o evento permitirá “seguir dando pasos” no
obxectivo de que o club “continúe gañando afeccionados, creza en todos
os ámbitos e xere aínda máis ilusión da que logrou espertar co gran
inicio de competición que estamos a protagonizar”.
No acto de presentación, Fernández, que chanceou ao dicir que “traemos a
copa para gañala”, lembrou que desde que a actual directiva fixésese
cargo da entidade hai un ano, un dos grandes retos era poder celebrar un
evento que “reunirá aos mellores equipos de España e permitirá
presenciar partidos de moitísimo nivel”.
“Para nós é un reto en todos os sentidos, pero estamos seguros que
seremos capaces de organizar unha gran copa da que todos sairemos
gañando: o noso club, a nosa cidade, a nosa provincia e Galicia”,
apuntou nun acto no que tamén estivo a responsable de Deportes da
Deputación da Coruña, Cristina Capelán.
Ovideo Rodeiro
Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro destacou que “o deporte e os deportistas realizades unha actividade que mobiliza emocións e sentimentos, pero sobre todo, inflúe nas actitudes e comportamentos das persoas; a través da transmisión de valores todos eles tremendamente positivos: a capacidade do esforzo; o reto da superación; a necesidade da perseveranza, a igualdade entre compañeiros, o respecto e a deportividade cos rivais, entre outros moitos”.
O delegado territorial recalcou que desde hai 10 anos este evento non ten como sede de celebración Galicia e puxo en valor que a súa celebración supón un impacto para a cidade da Coruña de máis de 550.000 euros porque están previstas máis de 1.500pernoitas hostaleiras e a presenza de máis de 10.000 espectadores. Departamento de comunicación