O executivo autonómico, co obxecto de cumprir a normativa europea na materia, fixo do correcto saneamento e abastecemento de auga, un dos seus obxectivos estratéxicos ao longo da última década. Nestes dez anos investíu máis de 1.100 millóns de euros en obras hidráulicas.
Dese xeito, a Xunta de Galicia axudou ós concellos no exercicio das súas competencias de xestión do ciclo urbano da auga. A acción do Goberno galego permitíu levar a cabo 350 actuacións de saneamento que beneficiaron a 165 concellos.
Hai 30 anos, en Galicia só había 5 depuradoras activas. O resto das augas residuais se vertían de xeito directo ou cun simple pretratamento. Hoxe, dispoñemos de 148 depuradoras totalmente operativas, das cales moitas foron construídas nos últimos 10 anos.
Temos 45 novas depuradoras, con capacidade para dar servizo a 1,5 millóns de galegos e de galegas, o que supón máis da metade da poboación de Galicia.
Despois de 10 anos de traballo e dos logros acadados, a Xunta ten claro que xa non é suficiente a execución de infraestruturas, senón que ademais é necesario garantir que estas funcionan corretamente unha vez que se poñen en mans dos concellos.
E, sen embargo, é coñecida a dificultade técnica e económica que entraña, especialmente para os pequenos municipios, a xestión de infraestructuras hidráulicas. Nese senso, hai que ter en conta que máis da metade das depuradoras que xetsionan os concellos teñen un funcionamento deficiente.
Sogama como referencia
Por ese motivo, a Xunta está a impulsar a creación dunha sociedade pública que, seguindo o modelo de Sogama para os residuos, preste apoio aos Concellos no ciclo integral da auga, coa imprescindible implicación das deputacións provinciais.
Nesta sociedade participarán a Xunta, de xeito maioritaria, os Concellos, que son os competentes na prestación destes servizos, e as Deputacións provinciais, a quen a lei lles reserva o papel de coordinación cos municipios de menos de 20.000 habitantes.
A entidade busca ofrecerlles aos concellos colaboración para que teñan unha explotación profesional dos seus servizos hidráulicos, abaraten custos e garantan a calidade das prestacións.
A sociedade proporcionaralles aos municipios servizos relacionados co ciclo urbano da auga que terán unhas tarifas por m3 igual para todos os concellos que participen na entidade, cumprindo así a primeira premisa do Pacto local da auga.
Ademáis de un recurso esencial para a vida, a auga é un factor de calidade ambiental e de producción económica, pois dela dependen actividades como a pesca, o marisqueo, a acuicultura e, en grande medida, o turismo.
Coidar o bo estado das augas é, polo tanto, protexer a saúde pública, preservar o noso medio natural, os ríos e as rías, e favorecer a actividade productiva.
Temos exemplos significativos: a depuradora de Lagares, en Vigo, en servizo desde 2017. É obra hidráulica máis importante dos últimos anos á que a Xunta achegou 80 m€. A obra permitiu culminar o saneamento da parte exterior da ría, conseguindo reducir de forma moi significativa a afección da maior aglomeración urbana de galicia e cumprir coa normativa comunitaria.
Tamén culminouse o saneamento de Ribeira, que estivo no punto de mira da Comisión Eeuropea, pero que agora cumpre os requirimentos comunitarios, logo da execución de actuacións que supuxeron un investimento de 18 millóns de euros.
Merece igualmente especial atención o saneamento da ría do Burgo, que supuxo un investimento da Xunta de preto de 100 millóns para mellorar o saneamento local e a calidade das augas da ría. A día de hoxe pódese realizar actividade marisqueira, grazas á mellora da calidade das augas, que pasou de clasificación c a b.
Para garantir que estes inxentes investimentos realizados en materia de saneamento sigan sendo eficaces durante toda a súa vida útil, a Xunta tamén realiza labores de vixilancia, inspección e asesoramento das instalacións que lle son entregadas aos concellos. Porque tan importante como facer infraestruturas é mantelas ben. De nada nos sirve investir en EDARES se despois non se explotan e manteñen correctamente.
Plan de control de vertidos
Ademáis, desenvólvese o Plan de control de vertidos, para loitar contra os aportes contaminantes ao dominio público hidráulico e desde terra ao mar.
Froito desta actividade de control, emendáronse máis de medio milleiro de vertidos contaminantes ao dominio público marítimo-terrestre, dos cales a meirande parte foron emendas de vertidos nas rías.
Todo ese traballo permitiu dar un salto cualitativo que se pon de manifesto en tres aspectos fundamentais:
.- Galicia incrementou a capacidade de depuración en case 1,5 millóns de habitantes desde o ano 2009. Actualmente o 90% das aglomeracións urbanas cumpren a directiva europea en materia de depuración de augas residuais.
.- Pasamos dun 50% de aglomeracións urbanas que cumprían no ano 2007, ao 90% actual.
.- E ponse de manifesto, ademais, na mellora da calidade da auga: no ano 2009 o estado das augas era bo no 67%; hoxe, o 76% das masas de auga está en bo estado. polo tanto, temos mellorado a calidade das augas en case 10 puntos porcentuais nos últimos anos.
Con todo, malia ao investido e ao camiño andado na última década non nos damos por satisfeitos e debemos seguir traballando e avanzando para acadar ese grande obxectivo que é lograr o saneamento integral das rías e dos ríos galegos.
Augas de Galicia disporá o vindeiro ano dun orzamento que medra nun 10 % e suma máis de 100 millóns de euros para reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento e abastecemento. Así, a colaboración técnica e financeira da Xunta cos concellos concretarase en partidas que suman máis de 70 millóns de euros.
As contas autonómicas permitirán continuar ou rematar os proxectos que redundarán na mellora do saneamento das rías galegas, como o da Malata, en Ferrol, en Pontedeume ou en Rianxo. Inicaranse as obras da EDAR de Viveiro, as actuacións de saneamento en Cabanas ou a mellora da depuradora de Praceres e o emisario submarino na ría de Pontevedra.