El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Más noticias

Agricultores e gandeiros portugueses participaron nun intercambio formativo en Galicia

21-11-2019 17:10:26

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O proxecto europeo  LACES, no que participa AGACA, convocou este ano o programa de “Estancias Transfronteirizas” co obxectivo de facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias entre profesionais de Galicia e Norte de Portugal, e a identificación de puntos de mellora e posibles estratexias para conseguila. 

Nesta convocatoria participaron 16 profesionais portugueses da agricultura e a gandería que chegaron a Galicia o día 18, comezando a súa estancia cunha xornada formativa achega do peso socioeconómico do sector primario e cooperativo en España e Galicia. O pasado martes, o grupo dividiuse, Unha decena de participantes nas Estancias visitou Casa Grande de Xanceda, para coñecer o funcionamento dunha das maiores granxas de leite ecolóxico de Galicia. A continuación, visitaron unha das explotacións de vacún lácteo asociadas á cooperativa Aira e, para finalizar, desprazáronse ata a fábrica de pensos da cooperativa, situada en Taboada (Lugo). Aira integra máis de 2500 persoas socias e dá emprego a máis de 300, entre fixas e eventuais. Ademais de fábrica de pensos dedícase a produción láctea e ofrece servizos aos seus asociados.

O resto dos participantes nas Estancias desprazouse ata a adega cooperativa Martín Códax (Cambados), e despois ata Ribadavia onde visitaron a cooperativa Viña Costeira, Finalmente, onte, todos os participantes visitaron o Centro Tecnolóxico da Carne, en San Cibrao das Viñas, e, en Riós, unha explotación ecolóxica de carne de razas autóctonas de Galicia, socia da cooperativa Verín Biocoop.

De xeito global, os participantes valoraron especialmente a ampla oferta de servizos aos socios das cooperativas, algo que lles gustaría mellorar en Portugal, segundo expresaron. A próxima semana serán profesionais do sector primario de Galicia quen viaxen a Portugal..


LACES 

O Proxecto LACES (0129_LACES_1_E), Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.O Proxecto LACES ten como fin último contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para conseguir un salto cualitativo na súa capacidade para xerar e consolidar emprego, a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso de empresas de economía social no espazo transfronteirizo. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias