El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Manel Fuentes: "A filosofía da combinación entre información e entretemento reside en que o informador se convirta en actor"

Participou nos "Encontros do Club" en Santiago

16-05-2007

Manel Fuentes apostou por que o xornalista se convirta en actor da información fronte á crise dos medios de comunicación tradicional. Para o presentador do programa de Telecinco 'Caiga quien caiga', esta é a base da filosofía que combina a información e o entretemento. Este tema centrou a conferencia impartida por Fuentes en Santiago dentro do ciclo 'Os encontros do Club' organizado polo Club Internacional de Prensa. Manel Fuentes defendeu que a crise do xornalismo "nunca es del periodista" e reivindicou que para superala, o informador debe estar "bien pagado y tener tiempo para investigar". "La mayor crisis se debe a que la gente que empieza tiene sueldos muy bajos y no tiene ni fuerza ni independencia económica para hacer su trabajo como dios manda", denunciou o exitoso comunicador en radio e televisión. Nun auditorio ateigado por aprendices de comunicadores, Fuentes animou ao público a "intentar al máximo hacer su trabajo como cree que debe hacerlo". O problema da falla de independencia dos medios de comunicación reside, a xuízo do xornalista, en que na súa estrutura "la gestión económica está separada de la de contenidos" e aos intereses económicos e políticos presentes detrás dos medios. Fuentes apostou na subxectividade do profesional da información para gañar en credibilidade, unha actitude propia da información-entretemento que cultivan programas como 'CQC', revistas como 'El Jueves' ou o programa que presenta en Catalunya Radio, 'Problemes domèstics'. Unha información diferente á "información per se, que practican los diarios serios", que considera "imprescindible" a pesar da crise, e ao "cotilleo". A desventaxa de empregar o xornalismo como base do entretemento é, segundo o conferenciante, que os temas van "a remolque" da actualidade, xa que programas como 'CQC' se preparan cunha semana de antelación. Fuentes referiuse tamén ao uso do humor na información nos casos de "hematoma emocional", citando expresamente o caso do 11-M: "cuando el dolor remite, el humor puede ser curativo". Liberdade Manel Fuentes convidou aos compañeiros de profesión a reflexionar sobre "cómo se puede sobrepasar las cortapisas que se le quieran poner a la libertad". "Más que presiones, recibimos comentarios agrios", respondeu á pregunta de cómo reciben dende o poder algúns dos contidos que se emiten no programa, no que asegurou que "nadie ha podido retirar un contenido previsto debido a nuestra audiencia". Concretamente, o presentador de CQC referiuse ao espazo 'Denuncie ya' ao que se dedica o galego 'Gonzo': "A veces solucionamos los problemas antes de llegar, algo que no sucedía desde Jesucristo". Así explicou a reacción dalgúns alcaldes ao coñecer que o xornalista do programa de Telecinco pasaría polo seu concello a denunciar algunha situación. Traxectoria Xornalista, guionista, director, produtor e presentador de radio e televisión, Manel Fuentes dedícase tamén á música. Sen ir máis lonxe, esta noite dará un concerto na Praza do Toural de Santiago, para abrir as Festas da Ascensión. Fuentes deuse a coñecer xa en 'Crónicas Marcianas', programa que considera "una gran escuela", ao tratarse dun programa completamente aberto á improvisación. O recoñecemento chegou a partir do ano 2001 co programa 'La noche con Fuentes y Cía', co que obtivo o Premio Ondas no 2002 e o TP de Ouro ao mellor presentador durante tres anos consecutivos entre 2001 e 2003.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias