El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Más noticias

CONCELLOS

Medio Ambiente destinará 6,5 millóns a iniciativas que promovan a recuperación e mellora dos espazos públicos dos concellos galegos

26-11-2019 15:38:11

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou hoxe que o departamento que dirixe destinará ao longo de 2020 un orzamento de 6,5 millóns de euros para levar a cabo actuación que promovan a recuperación e mellora dos espazos públicos dos concellos galegos, tal e como fixo o Concello de Noia.

A conselleira de Medio Ambiente supervisou hoxe os traballos levados a cabo na Praza das Américas, que consistiu na humanización e ordenación desta zona tan concorrida, e que agora verá equilibrada a convivencia entre o tráfico rodado e peonil.Explicou que -tras as obras financiadas nun 70% pola Xunta- a Praza das Américas e a súa contorna está reorganizada dun xeito máis funcional e mellor ordenado, ao tempo que se definiu un espazo destinado ao aparcadoiro en boas condicións.

Ángeles Vázquez indicou que Praza das Américas, e o seu contorno, é unha zona moi concorrida, que está moi próxima ao Centro de Saúde, na que se rexistra unha importante ocupación residencial e tamén é unha zona relevante para o comercio noiés, con negocios locais, supermercados e distintos servizos. 

Así, o firme da estrada conta cunha nova capa de rodadura e construíronse novas beirarrúas para atender a grande concorrencia de peóns, que agora son máis amplas, achegando comodidade e seguridade; ao tempo que se clarificou o itinerario peonil e as zonas de cruzamento da vía.

Ademais, executouse un firme de formigón no illote central da praza e reduciuse o radio da glorieta para posibilitar un mellor acceso de vehículos articulados e autobuses. Recordou que esta actuación se executou ao abeiro dun convenio de colaboración, co fin de mellorar este punto da vila de Noia e que recolleu un investimento de máis de 80.000 euros. A conselleira tamén puxo de manifesto que esta colaboración é un “bo e claro” exemplo da necesidade de estreitar lazos e colaboracións entre as administracións, un dos obxectivos do Plan hUrbe, programa posto en marcha polo Goberno galego en 2010, xunto co obxectivo de fomentar a humanización das vilas de Galicia e promover o reequilibrio territorial na comunidade. 

Por último, destacou que este tipo de actuacións dan cumprimento ao reto do Goberno galego de acadar un urbanismo responsable e apostar pola recuperación das vilas e cidades galegas; en definitiva, pola preservación da identidade de Galicia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias