MADRID | Néstor Rego, deputado do BNG nas Cortes, presentou esta mesma mañá
no Rexistro do Congreso unha pregunta escrita dirixida ao Goberno
repecto a nova poxa de interrompibilidade que foi publicada no BOE o
3 de decembro do 2019 e que empeora as condicións para a industria
electrointensiva.
Ao
mesmo tempo o BNG reclama que se aprobe con urxencia un Estatuto da
Industria Electrointensiva que estableza unha tarifa estábel e
económicamente asumíbel que permita a competitividade industrial e
o mantemento dos postos de traballo.
O
BNG entende que o Goberno debe ser sensíbel ao feito de que a crise
da industria electrointensiva supón en Galiza o risco de perder máis
5.000 empregos neste sector, coa afectación a comarcas enteiras como
a da Mariña, Ferrol, A Coruña e a Costa da Morte.
Tampouco
entende o BNG como no
mes de febreiro o Consello de Ministros autorizou a tramitación
urxente do procedemento de elaboración e aprobación do real decreto
polo que se regula o Estatuto do Consumidor Electrointesivo, que tiña
como obxectivo mitigar os efectos dos custos enerxéticos sobre os
grandes consumidores de enerxía. Con todo, 10 meses despois, ese
estatuto aínda non foi aprobado e pola contra, o 3 de decembro foi
publicada no Boletín Oficial do Estado a resolución do 2 de
decembro de 2019, da Secretaría de Estado de Enerxía, pola que se
aproba a nova poxa de interrompibilidade.
Esta
resolución empeora as condicións para a industrial electrointensiva
porque reduce a menos da metade a potencia interrumplible na poxa
correspondente ao primeiro semestre do 2020 e porque ademas elimina
o bloque de 40 MW.
Entende
o BNG que é necesario actuar na dirección contraria á que
establece esta resolución e que é urxente contar cun Estatuto da
industria electrointensiva que con carácter xeral, libere a factura
de peaxes que non teñen relación directa co funcionamento do
sistema eléctrico: Primas ás renovábeis, custos extrapeninsulares,
pagos por capacidade, nucleares e déficit tarifario. O custo destas
peaxes deberán ser asumido polos Orzamentos do Estado.
“Non
se pode chegar a comprender como sendo Galiza un país produtor
excedentario de enerxía eléctrica, os fogares galegos teñan que
pagar a factura máis cara do Estado español e teñamos máis de
5.000 posto de traballo en risco de se perder.” afirma Néstor
Rego.