El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

A dieta atlántica cítase nos Luns do Ateneo

09-12-2019 07:44:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Hoxe, no ciclo de conferencias dos Luns do Ateneo, escoitaremos a Rosaura Leis falar sobre os beneficios da dieta atlántica, nunha conferencia titulada 'Falsos mitos en alimentación. A Dieta Atlántica, un seguro de saúde'. O relatorio, organizado pola sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente do Ateneo de Santiago, terá lugar ás 20.00 na Rúa do Vilar, 19.

A dieta atlántica caracterízase pola abundancia de alimentos de tempada, locais e minimamente procesados, ademais do consumo de alimentos procedentes de plantas, de peixes e de moluscos e crustáceos, tanto de mar como de río. A dieta inclúe tamén un consumo moderado de lácteos, carne, ovos e sobremesas compostas principalmente de fariña, ovos e froitos secos; o uso de salsas con baixa carga enerxética; abundancia da auga de mananciais, e mesmo o consumo moderado de viño, normalmente en comidas.

O estilo de vida atlántico, ao que se suma a elevada actividade física, as melloras en medicina e a dispoñibilidade universal dos servizos sanitarios e sociais, fixeron dos nosos maiores unha das poboacións máis lonxevas do mundo. O reto actual convértese en conseguir manter estes hábitos para que os nosos fillos cheguen a vivir máis tempo e coa mesma calidade de vida que os seus avós. 

Rosaura Leis é presidenta do Comité Científico da Fundación Dieta Atlántica da USC, dieta da que é acérrima defensora; Vicepresidenta da Sociedade de Nutrición e Dietética de Galicia e profesora titular de pediatría na Universidade de Santiago de Compostela. É ademais autora de máis dun centenar de libros, capítulos e artigos en revistas internacionais, alén de ter dirixido máis de 20 teses doutorais. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias