El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Conchi Basilio
Ernesto González Valdés
Más noticias

RECUPERACIÓN E MELLORA DOS ESPAZOS PÚBLICOS

Medio Ambiente habilitará 6,5 millóns en 2020 para colaborar cos concellos

16-12-2019 17:41:30

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reserva unha partida de 6,5 millóns de euros nas contas de 2020 para colaborar cos concellos galegos na recuperación e mellora dos espazos públicos. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, recordou este orzamento do departamento que dirixe, durante a supervisión aos traballos realizados para mellorar a situación da Rúa Pintor Fierros, no Concello de Ribadeo, ao abeiro do Plan hUrbe. 

Ángeles Vázquez lembrou que só en 2019 a Consellería asumiu preto de 90 novos compromisos, que se traduce nun investimento de case 13 millóns de euros, co obxectivo de avanzar carra un urbanismo responsable e avogar pola recuperación das vidas e cidades galegas e manter unha das sinais de identidade de Galicia, como é a paisaxe.Explicou que no caso concreto de Ribadeo, levouse a cabo unha reforma e mellora da Rúa Pintor Fierros, un viario importante porque conecta co centro urbano e da acceso ás distintas dotacións municipais, como a piscina ou o campo de fútbol Pepe Barrera. 

As obras consistiron na mellora do pavimento cunha nova capa de rodadura e posterior repintado para soportar, en condicións de seguridade, o tráfico existente neste viario principal. Tamén se repararon os bolardos existentes en mal estado e se reduciu a pendente dos pasos de peóns sobreelevados ou na reparación dos bordos. A actuación tamén preveu a mellora das baldosas das beirarrúas e da drenaxe das augas pluviais da estrada e colocouse novo mobiliario urbano coa instalación de novas papeleiras, así como a sinalización vertical e horizontal para garantir a máxima seguridade viaria de vehículos e de peóns. 

Por último, a conselleira concluíu que a importancia desta actuación radica na mellora da calidade de vida de todas as veciñas e veciños de Ribadeo, ao dar una resposta ás demandas e necesidades detectadas.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias